Os bancos ocultan se os seus conselleiros e directivos mercaron preferentes. Os bancos ampáranse na "confidencialidade" para non dar datos.
Fálase
A fronte antitroika crece en Portugal. Unha sondaxe publicada este sábado por Expresso amosaba un apoio de só un 32% dos portugueses ao goberno e unha suba de PCP e Bloco. O PSP, que sería o partido máis votado, radicaliza o seu discurso
“Alemaña debe decidir se quere refacer Europa ou saír do euro”. George Soros amósase moi crítico co papel de Alemaña na crise e defende recuperar o espírito de “cooperación” entre los países da UE.
Máis de mil persoas pediron en Vigo a III República. A manifestación percorreu Colón e Policarpo Sanz para rematar na Porta do Sol onde se leu un manifiesto.
Celta B e Dépor B gañaron os seus partidos na 33ª xornada da Terceira galega, mentres que Pontevedra e Compostela empataron 0-0. Os catro equipos loitan por tres prazas de play-off.
Barbadás 2-0 Ordes
Celta B 2-0 As Pontes
Pontevedra 0-0 Compostela
Narón 2-0 Dorneda
Cerceda 0-1 Deportivo B
Alondras 1-1 Rápido de Bouzas
Somozas 1-0 Bergantiños
Céltiga 0-1 Racing de Ferrol
Racing Vilalbés 2-2 Betanzos
Negreira 1-0 VilalongaO 75% dos 191 Estados de todo o mundo son repúblicas. Só hai 44 monarquías
SinPermiso publica unha crónica do FSM de Túnez elaborada por Àngels Tomás e Santiago Alba Rico.
Rajoy e Urkullu tratan en segredo a negociación do Cupo e o déficit. O presidente do Goberno recibiu o lehendakari na Moncloa o pasado mércores
O chavismo presenta as eleccións deste domingo como un plebiscito entre socialismo e neoliberalismo. As enquisas dan como gañador a Nicolás Maduro por unha media de dez puntos de diferenza. Os resultados coñeceranse a partir das nove da noite, hora de Venezuela, tres e media da madrugada para nós.
Milleiros de persoas manifestáronse en Madrid baixo o lema Abajo el régimen monárquico. Por la III República. No peche do acto cantou Germán Copini. A marcha disolveuse ao berro de "España mañana será republicana"