O 75% dos 191 Estados de todo o mundo son repúblicas. Só hai 44 monarquías
Fálase
SinPermiso publica unha crónica do FSM de Túnez elaborada por Àngels Tomás e Santiago Alba Rico.
Rajoy e Urkullu tratan en segredo a negociación do Cupo e o déficit. O presidente do Goberno recibiu o lehendakari na Moncloa o pasado mércores
O chavismo presenta as eleccións deste domingo como un plebiscito entre socialismo e neoliberalismo. As enquisas dan como gañador a Nicolás Maduro por unha media de dez puntos de diferenza. Os resultados coñeceranse a partir das nove da noite, hora de Venezuela, tres e media da madrugada para nós.
Milleiros de persoas manifestáronse en Madrid baixo o lema Abajo el régimen monárquico. Por la III República. No peche do acto cantou Germán Copini. A marcha disolveuse ao berro de "España mañana será republicana"
Centos de persoas percorren as rúas de Carballo para dicirlle "non" ao proxecto mineiro que se quere instalar en Corcoesto. Foto de @pblankinho
Está a piques de comezar en Carballo a manifestación contra o proxecto mineiro de Corcoesto
O Ardalén de Miguelanxo Prado, premio á mellor obra en español no Salón Internacional do Cómic de Barcelona
"A posible fractura da Academia é un problema real e un dos grandes temas que ten que enfrontar o presidente gañador", di Manuel González, candidato a presidir a RAG. Afirma que non recibiu "ningún achegamento" dende a outra candidatura, polo que considera que a vontade de consenso "é unha actitude máis de cara a galería"
Máis de 52.000 mozos e mozas deixan de buscar traballo en Galicia pola falta de expectativas. Deciden emigrar, volver aos estudos, dedicarse á economía mergullada ou non facer nada. Dende o inicio da crise o emprego dos menores de 25 anos reduciuse nun 64%