Máis de 52.000 mozos e mozas deixan de buscar traballo en Galicia pola falta de expectativas. Deciden emigrar, volver aos estudos, dedicarse á economía mergullada ou non facer nada. Dende o inicio da crise o emprego dos menores de 25 anos reduciuse nun 64%
Fálase
As esperanzas de avance para a muller quedan frustradas na primavera árabe por mor do integrismo e o desgoberno. Crecen as agresións, pero tamén aumenta o activismo feminista
Os colectivos republicanos esixen un novo proceso constituinte. El Diario fala con Unión Cívica por la República, IU Jóvenes ou EQUO
Luis Navarro escribe en El Diario que "aínda que a indignación non chegou a converterse en revolta, os últimos acontecementos de 'escrache' demostran o anoxo da sociedade cos políticos. É un exemplo de que a indignación está a píques de rebordar".
O Dépor enlaza o seu cuarto triunfo consecutivo e sae dos postos de descenso despois de 17 xornadas. Derrotou con autoridade 0-4 ao Levante con goles de Valerón, Pizzi, Nelson Oliveira e Bruno Gama. Os coruñeses teñen un punto de vantaxe sobre o Granada, dous sobre o Zaragoza e cinco sobre o Celta. O Lugo caeu na casa antre o Alcorcón 0-1 pero mantense na parte media da táboa.
O Azkar Lugo caeu na casa ante o Umacon Zaragoza 2-3. O Burela derrotou a domicilio o Santiago Futsal 1-2 nunha vitoria moi importante para o equipo mariñao.
Unha manifestación convocada pola Asamblea Republicana de Vigo pedirá a III República este domingo. A marcha partirá ás 12.30 de Urzaiz
UGT escolle Cándido Méndez por sexta vez como máximo dirixente e limita a tres os mandatos do seu secretario xeral
Manuel Álvarez Torneiro e Begoña Caamaño gañan o Premio da Crítica por Os ángulos da brasa (Faktoría K) e Morgana en Esmelle (Galaxia)
Mª Dolores de Cospedal di que as protestas contra os desafiuzamentos son "nazismo puro" porque teñen "espírito totalitario" e "violencia física e verbal". O PP converte un debate sobre a regeneración política nun acto contra os escraches