Na Segunda B, vitoria do Coruxo en Murcia (0-1), do Somozas ante o Rácing de Ferrol (1-2) e do Compostela ante o Celta B (0-1). A pesar da derrota, o Rácing de Ferrol segue terceiro; o Compostela sitúase a nove puntos dos postos de play-off de ascenso.
Fálase
Vitoria do Lugo no Anxo Carro ante o Recreativo de Huelva (2-1) con goles de Lolo Pla e Luis Fernández. Os lucenses están xa seis puntos por riba dos postos de descenso.
Alberto Núñez Feijoo mantivo un encontro este domingo cos sete candidatos do PPdeG nas cidades galegas, presentándoos como garantía de "estabilidade": Agustín Hernández (Santiago), Carlos Negreira (A Coruña), José Manuel Rey Varela (Ferrol), Elena Muñoz (Vigo), Jesús Vázquez (Ourense), Jaime Castiñeira (Lugo) e Jacobo Moreira (Pontevedra).
O Foro Galego de Inmigración celebra dende este luns a II Semana Galega de Loita contra as Fronteiras cunha serie de actos en Lugo, A Coruña e Compostela, centrados na denuncia das deportacións masivas ou nas dificultades das persoas migrantes no acceso aos servizos sociais.
O BNG levará ao Parlamento unha iniciativa na que lle reclama á Xunta adoptar as medidas necesarias para garantir a titularidade e uso civil do Panteón de Galego Ilustres. Fai coincidir a demanda co aniversario do nacemento de Rosalía, figura que deu lugar a creación deste espazo.
Xosé Veiras reflexiona en Un claro no bosque, o blog sobre ecoloxismo social e biodiversidade de Praza, sobre o incremento en Galicia da oposición social ás grandes infraestruturas. A A-57, o Corredor do Morrazo, a A-76 pola Ribeira Sacra, a Variante Valga-Padrón ou a Variante de Portosín-Noia son exemplos recentes de custosos e agresivos proxectos que contan cun notable rexeitamento social.
Xa hai data para os novos traballos de Miguelanxo Prado, segundo destaca Qadriños, o blog de banda deseñada de Praza. Presas fáciles, unha novela gráfica centrada no drama das preferentes, publicarase en xullo. E en 2016 poderemos ler un álbum que continuará a historia de Ardalén.
O Celta levou o derbi ante o Dépor en Riazor (0-2) con goles de Charles (45') e Larrivey (81')
Alexis Tsipras recoñece nun discurso televisado que "o difícil comeza agora", despois de que un acordo de última hora lle permitise a Grecia prorrogar as actuais liñas de crédito europeas. Atenas e o Eurogrupo seguirán negociando nos vindeiros tres días os recortes que o país heleno deberá realizar. Tsipras afirma que o acordo acadado o exime de compromisos pasados de austeridade
Veciños e veciñas de Coia inauguran o barco instalado na rotonda da avenida Castelao nun acto cheo de retranca e críticas ao alcalde Abel Caballero, cualificado de "cacique".