O BNG levará ao Parlamento unha iniciativa na que lle reclama á Xunta adoptar as medidas necesarias para garantir a titularidade e uso civil do Panteón de Galego Ilustres. Fai coincidir a demanda co aniversario do nacemento de Rosalía, figura que deu lugar a creación deste espazo.
Fálase
Xosé Veiras reflexiona en Un claro no bosque, o blog sobre ecoloxismo social e biodiversidade de Praza, sobre o incremento en Galicia da oposición social ás grandes infraestruturas. A A-57, o Corredor do Morrazo, a A-76 pola Ribeira Sacra, a Variante Valga-Padrón ou a Variante de Portosín-Noia son exemplos recentes de custosos e agresivos proxectos que contan cun notable rexeitamento social.
Xa hai data para os novos traballos de Miguelanxo Prado, segundo destaca Qadriños, o blog de banda deseñada de Praza. Presas fáciles, unha novela gráfica centrada no drama das preferentes, publicarase en xullo. E en 2016 poderemos ler un álbum que continuará a historia de Ardalén.
O Celta levou o derbi ante o Dépor en Riazor (0-2) con goles de Charles (45') e Larrivey (81')
Alexis Tsipras recoñece nun discurso televisado que "o difícil comeza agora", despois de que un acordo de última hora lle permitise a Grecia prorrogar as actuais liñas de crédito europeas. Atenas e o Eurogrupo seguirán negociando nos vindeiros tres días os recortes que o país heleno deberá realizar. Tsipras afirma que o acordo acadado o exime de compromisos pasados de austeridade
Veciños e veciñas de Coia inauguran o barco instalado na rotonda da avenida Castelao nun acto cheo de retranca e críticas ao alcalde Abel Caballero, cualificado de "cacique".
Estase celebrando nestes momentos o acto de presentación de Somos Nós, coa intervención de Anxo Quintana e a presenza de varios alcaldes, coma o de Monforte ou o da Pobra de Trives, e figuras públicas coma Antón Losada ou Fernando Vázquez. Toda a información, esta tarde en Praza.
Grecia e o Eurogrupo chegaron a un acordo no último momento para a concesión dunha prórroga de catro meses do rescate ao país heleno. Queda pendente coñecer que axustes adoptará Atena en contrapartida. Grecia acusa a Guindos de tentar bloquear o acordo ata o final
Xa se pode ver o vídeo de Enrique Iglesias "Noche y Día", gravado en Galicia e polo que a Xunta pagou máis de 300.000 euros para axudar á promoción turística. Ante as críticas, Núñez Feijoo xustificou o gasto sinalando que "é difícil atopar un feito con esta acreditación dende o punto de vista de dar a coñecer un destino"
O Dépor sumouse na tarde do venres á campaña #LaLigaArcoIris que esta fin de semana denunciará a homofobia no deporte, e na que tamén participan a UD Ourense e o Cidade das Burgas Fútbol Sala. Os xogadores coruñeses usarán ante o Celta cordóns coas cores do arco da vella.