O Dépor sumouse na tarde do venres á campaña #LaLigaArcoIris que esta fin de semana denunciará a homofobia no deporte, e na que tamén participan a UD Ourense e o Cidade das Burgas Fútbol Sala. Os xogadores coruñeses usarán ante o Celta cordóns coas cores do arco da vella.
Fálase
Pontevedra acolleu este venres a presentación da programación do XVI Salón do Libro, que se celebrará entre o 27 de febreiro e o 28 de marzo baixo o título Da ciencia á ficción. Terá máis de 300 actividades e incorpora recoñecidos colaboradores coma o CSIC, o Muncyt, o Museo de la Ciencia de Valladolid, a Tecnópole e a Fundación Barrié.
Monedero denuncia a Montoro por un delito de revelación de segredos e cualifica as críticas de "caza de bruxas" contra Podemos. Presenta a factura cursada pola súa empresa ao Banco de ALBA, pero non o contrato, e tampouco explica cantos informes fixo, asegurando que se trata de datos "confidenciais" que ALBA non lle permitiu revelar.
Alfonso Alonso, ministro de Sanidade, afirma que o Plan contra a Hepatite C ampliará "significativamente" o numero de pacientes que serán tratados cos fármacos de última xeración. Porén, rexeitou concretar cifras.
A eurodeputada e candidata de Podemos á Junta de Andalucía, Teresa Rodríguez presenta unha queixa contra TVE por difundir unha "falsa imaxe" dunha muller espida que a canle pública identificou como se fose ela.
Maessa, a filial de ACS acusada de incumprir os acordos e condicións laborais, adxudicouse bloques do flotel que debe construír Navantia por valor de 3,8 millóns de euros. Navantia deulle á empresa de Florentino Pérez sete contratos sen concurso previo
Europa Laica proponlles a partidos, sindicatos e colectivos sociais un "contrato electoral" para sacar a relixión do horario lectivo e suprimir os concertos con centros educativos confesionais.
A Deputación de Pontevedra será patrocinadora da selección galega de fútbol gaélico durante a súa participación no mundial, segundo informa a Asociación Galega de Fútbol Gaélico. O logotipo da institución figurará nas camisolas da selección no campionato.
Facenda utilizará programas informáticos para monitorizar a actividade dos contribuíntes nas redes sociais, segundo Cinco Días
A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto confirma os lugares das mobilizacións contra a nova reforma, que se celebrarán o vindeiro día 23