A prensa española centra as súas portadas nas palabras do presidente do BCE, Mario Draghi, ao que acusa de empurrar a España ao rescate.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/501b789e8e199-abc.750.jpg)
A prensa española centra as súas portadas nas palabras do presidente do BCE, Mario Draghi, ao que acusa de empurrar a España ao rescate.
A prima de risco española segue subindo e xa supera os 600 puntos tras a decepción das palabras de Draghi. A rendibilidade do bono español supera o 7,3%.
Decenas de funcionarios intentaron entrar este xoves no Parlamento galego, onde se aprobaron os recortes aos empregados públicos.
Nuevas Generaciones asegura que o descenso do paro "demostra" que as medidas do Goberno están funcionado. "Xa son catro meses seguidos baixando o desemprego", asegura.
Vetan unha ikurriña nos Xogos Olímpicos de Londres. Os organizadores retiran das bancadas unha bandeira vasca que animaba a medallista Maialen Chourraut.
A prima de risco dispárase pola inacción do BCE, que apraza as medidas excepcionais e pon como condición que os estados acudan ao fondo de rescate.
Aprobada por unanimidade a comisión de investigación de Novagalicia Banco. A oposición pide que se active "de inmediato".
O Rei de España sofre unha caída durante unha visita ao Estado Maior da Defensa. Vídeo de Antena 3.
O PSdeG retira o seu apoio á reforma do Valedor do Pobo. Os socialistas cambian de postura ante a intención da Xunta de reducir o número de parlamentarios na Cámara galega nun pleno que cualifican de "totalitario".
Compromiso por Galicia presenta no Parlamento varias medidas alternativas á redución de deputados na Cámara galega. Máis información, esta tarde en Praza.