A prima de risco dispárase pola inacción do BCE, que apraza as medidas excepcionais e pon como condición que os estados acudan ao fondo de rescate.
Fálase
Aprobada por unanimidade a comisión de investigación de Novagalicia Banco. A oposición pide que se active "de inmediato".
O Rei de España sofre unha caída durante unha visita ao Estado Maior da Defensa. Vídeo de Antena 3.
O PSdeG retira o seu apoio á reforma do Valedor do Pobo. Os socialistas cambian de postura ante a intención da Xunta de reducir o número de parlamentarios na Cámara galega nun pleno que cualifican de "totalitario".
Compromiso por Galicia presenta no Parlamento varias medidas alternativas á redución de deputados na Cámara galega. Máis información, esta tarde en Praza.
Novagalicia negocia a recompra con quita das súas preferentes, segundo informa Cinco Días. A entidade galega, xunto a CatalunyaCaixa, negocia con Bruxelas para obter as súas participacións con importantes descontos respecto do prezo de colocación.
O Tesouro coloca 3.100 millóns, algo máis do previsto, e a rendibilidade a dez anos sobe até o 6,6%.
Catalunya busca o diálogo con Montoro, pero advírtelle de que non son "subordinados". A Generalitat aposta por comezar un diálogo co Estado para presentar un plan razonable contra o déficit público.
O FMI descarta máis medidas de axuste en España e valora as reformas aprobadas polo Goberno de Rajoy.
O Celta comeza a Liga o sábado 18 ás 19 horas contra o Málaga. O Deportivo, o luns 20 ás 19 horas ante o Osasuna. A polémica dos horarios volve á competición.