O Tesouro coloca 3.100 millóns, algo máis do previsto, e a rendibilidade a dez anos sobe até o 6,6%.
Fálase
Catalunya busca o diálogo con Montoro, pero advírtelle de que non son "subordinados". A Generalitat aposta por comezar un diálogo co Estado para presentar un plan razonable contra o déficit público.
O FMI descarta máis medidas de axuste en España e valora as reformas aprobadas polo Goberno de Rajoy.
O Celta comeza a Liga o sábado 18 ás 19 horas contra o Málaga. O Deportivo, o luns 20 ás 19 horas ante o Osasuna. A polémica dos horarios volve á competición.
A galega Iria Grandal elimina a colombiana Rendón, pero cae eliminada pola coreana Choi en dezaseisavos de final da competición de tiro con arco dos Xogos Olímpicos de Londres.
Baltasar Garzón avoga por depurar as responsabilidades penais, políticas e económicas da crise. O ex maxistrado da Audiencia Nacional apoia investigar altos organismos que "non o fixeron ben".
O BNG non entrará no debate nin participará no pleno que aborde a reforma electoral, tal e como anunciou a deputada Ana Pontón. Máis información esta tarde en Praza.
O empresario Ruiz-Mateos, en busca e captura logo de non acudir a xulgado. Alega unha fractura nun pé.
Elena Valenciano di que a redución de deputados en Galicia supón "un pucheirazo" de Feijóo para obter beneficio electoral. A vicesecretaria xeral do PSOE destaca que o PP propón o aumento de parlamentarios en Castela-A Mancha durante unha entrevista na Ser.
O Obradoiro completa a súa conversión en sociedade anónima, tras xuntar 3 millóns de euros de capital social, polo que confirma a súa presenza na Liga ACB.