O empresario Ruiz-Mateos, en busca e captura logo de non acudir a xulgado. Alega unha fractura nun pé.
Fálase
Elena Valenciano di que a redución de deputados en Galicia supón "un pucheirazo" de Feijóo para obter beneficio electoral. A vicesecretaria xeral do PSOE destaca que o PP propón o aumento de parlamentarios en Castela-A Mancha durante unha entrevista na Ser.
O Obradoiro completa a súa conversión en sociedade anónima, tras xuntar 3 millóns de euros de capital social, polo que confirma a súa presenza na Liga ACB.
O PP organiza as vacacións de Rajoy para evitar que danen a súa imaxe. O partido intenta evitar a súa aparición na praza de touros de Pontevedra ou nas praias galegas. Cóntao El Mundo.
Industria convoca a mesa do carbón para intentar desbloquear o conflito mineiro. Os sindicatos consideran a xuntanza "un elemento necesario" para a resolución do problema.
Alemaña, disposta a ceder na compra de bonos se España fai máis recortes en Sanidade e Educación. De Guindos estaría disposto a levalos a cabo.
Andalucía abandona a mesa do Consello de Política fiscal e Financeira e planta ao Goberno, como xa fixera Catalunya. A conselleira andaluza di estar "perplexa" ante os "restritivos" obxectivos de endebedamento.
O Parlamento acollerá este xoves dous plenos extraordinarios que a oposición cualifica de "perversos e totalitarios". Neles, aprobarase o teito de gasto e a comisión de investigación das caixas tras non incluír ningunha das iniciativas de PSdeG e BNG.
Catalunya planta o Goberno e non acudirá ao Consello de Política Fiscal e Financeira. A Generalitat xustifícao dicindo que na reunión "xa está todo decidido" e quéixase dos incumprimentos no financiamento por parte do Estado.
A reclamación por "dano ambiental puro" do Prestige podería elevarse aos 2.000 millóns, segundo asegura a Fiscalía, tras a presentación da súa memoria anual de 2011.