Andalucía abandona a mesa do Consello de Política fiscal e Financeira e planta ao Goberno, como xa fixera Catalunya. A conselleira andaluza di estar "perplexa" ante os "restritivos" obxectivos de endebedamento.
Fálase
O Parlamento acollerá este xoves dous plenos extraordinarios que a oposición cualifica de "perversos e totalitarios". Neles, aprobarase o teito de gasto e a comisión de investigación das caixas tras non incluír ningunha das iniciativas de PSdeG e BNG.
Catalunya planta o Goberno e non acudirá ao Consello de Política Fiscal e Financeira. A Generalitat xustifícao dicindo que na reunión "xa está todo decidido" e quéixase dos incumprimentos no financiamento por parte do Estado.
A reclamación por "dano ambiental puro" do Prestige podería elevarse aos 2.000 millóns, segundo asegura a Fiscalía, tras a presentación da súa memoria anual de 2011.
Feijóo destina 2,3 millóns para asesores do seu gabinete. La Región asegura que o presidente da Xunta quere reducir 14 deputados para aforrar 1,2 millóns mentres mantén os postos a dedo na Xunta.
Residencias de anciáns e discapacitados denuncian ante a Fiscalía os impagos da Generalitat. Alertan de que o incumprimento do Govern provocará a "desatención" das persoas máis necesitadas.
Cuba acusa a Ángel Carromero de homicidio, segundo un editorial do diario Granma. O mozo de Novas Xeracións do PP conducía o coche onde morreu o opositor Oswaldo Payá.
Ana Pastor atribúe a suba da peaxe nas autopistas á fin da subvención "que pagaban todos os cidadáns". "As empresas decidiron repercutir a ausencia de subvención no prezo", xustifica nunha entrevista a Onda Cero.
González Pons rectifica logo de anunciar o peche da televisión murciana. O dirixente do PP anunciou que a canle pecharía "se non hoxe, mañá", algo que negou logo en Twitter.
Sanidade atrasa un mes a entrada en vigor do medicamentazo, polo que os cidadáns comezarán a pagar en setembro o importe total duns 400 fármacos.