Sanidade atrasa un mes a entrada en vigor do medicamentazo, polo que os cidadáns comezarán a pagar en setembro o importe total duns 400 fármacos.
Fálase
A Generalitat confirma que non pagará ás entidades sociais. A Conselleria de Economía asegura que non hai liquidez para efectuar os pagos de xullo.
A selección española de balonmán, coa galega Begoña Fernández, empata (18-18) con Francia no seu segundo partido dos Xogos Olímpicos de Londres.
CIG, CCOO e UGT, convocan hoxe outra xornada de protestas a favor do emprego público e en contra dos recortes do Goberno do PP. Os colectivos feministas únense ás manifestacións en contra das intencións de Gallardón sobre o aborto. As convocatorias son as seguintes:
A Coruña, saída ás 19:30 horas da praza de Pontevedra
Ferrol, saída ás 20:30h da praza de España
Santiago de Compostela, saída ás 20:00 horas da praza Roxa.
Lugo, saída ás 20:00 horas do edificio administrativo da Xunta.
Ourense, saída ás 20:00 horas do pavillón dos Remedios.
Pontevedra, saída ás 20:30 horas da praza da Ferreiría.
Vigo, saída ás 20:30 horas da vía Norte.Javier Gómez Noya asegura que o fútbol "non debería ser deporte olímpico". O triatleta galego argumenta nun tweet que "non compiten os mellores" e que os futbolistas "tratan de enganar o árbitro, tíranse e protestan".
O Concello de Vigo esixe a Novagalicia Banco a devolución íntegra dos cartos das preferentes. O pleno acorda por unanimidade reclamar a NGB que reintegre o diñeiro aos clientes.
Galicia aprobará esta mesma semana o seu teito de gasto para 2013. O Goberno vén de rexistrar no Parlamento a petición para celebrar un pleno no que se aprobará este límite para a comunidade autónoma.
Feijóo asina co ministro de Asuntos Exteriores o convenio para trasladar as oficinas galegas do exterior a "espazos institucionais do Goberno español". A Xunta asegura que isto permitirá aforrar o 66% dos custos.
A nadadora galega Bea Gómez, clasificada para as semifinais de 200 estilos nos Xogos de Londres. A pontevedresa, de tan só 17 anos, pasou como décimo quinta cun tempo de 2.13,93.
A xunta de acredores de Barreras vota a favor da proposta do estaleiro, que inclúe unha quita do 80% da débeda e que evitaría a liquidación.