CIG, CCOO e UGT, convocan hoxe outra xornada de protestas a favor do emprego público e en contra dos recortes do Goberno do PP. Os colectivos feministas únense ás manifestacións en contra das intencións de Gallardón sobre o aborto. As convocatorias son as seguintes:
A Coruña, saída ás 19:30 horas da praza de Pontevedra
Ferrol, saída ás 20:30h da praza de España
Santiago de Compostela, saída ás 20:00 horas da praza Roxa.
Lugo, saída ás 20:00 horas do edificio administrativo da Xunta.
Ourense, saída ás 20:00 horas do pavillón dos Remedios.
Pontevedra, saída ás 20:30 horas da praza da Ferreiría.
Vigo, saída ás 20:30 horas da vía Norte.
Fálase
Javier Gómez Noya asegura que o fútbol "non debería ser deporte olímpico". O triatleta galego argumenta nun tweet que "non compiten os mellores" e que os futbolistas "tratan de enganar o árbitro, tíranse e protestan".
O Concello de Vigo esixe a Novagalicia Banco a devolución íntegra dos cartos das preferentes. O pleno acorda por unanimidade reclamar a NGB que reintegre o diñeiro aos clientes.
Galicia aprobará esta mesma semana o seu teito de gasto para 2013. O Goberno vén de rexistrar no Parlamento a petición para celebrar un pleno no que se aprobará este límite para a comunidade autónoma.
Feijóo asina co ministro de Asuntos Exteriores o convenio para trasladar as oficinas galegas do exterior a "espazos institucionais do Goberno español". A Xunta asegura que isto permitirá aforrar o 66% dos custos.
A nadadora galega Bea Gómez, clasificada para as semifinais de 200 estilos nos Xogos de Londres. A pontevedresa, de tan só 17 anos, pasou como décimo quinta cun tempo de 2.13,93.
A xunta de acredores de Barreras vota a favor da proposta do estaleiro, que inclúe unha quita do 80% da débeda e que evitaría a liquidación.
Monforte desmárcase da decisión do BNG e advirte de que non abonará as pagas extraordinarias. O alcalde nacionalista da localidade asegura que cumprirá a lei malia a decisión do Bloque de pagar a extra de Nadal nos concellos onde goberna.
Un terremoto no océano Atlántico séntese en varias localidades de Galicia. O tremor, de magnitude 5,6 na escala Richter, tivo lugar sobre as 3.30 da madrugada, segundo informou o Instituto Xeográfico Nacional.
Rubalcaba pretende recortar o 60% do plantel da Fundación Ideas do PSOE, segundo avanza Vozpópuli.