Monforte desmárcase da decisión do BNG e advirte de que non abonará as pagas extraordinarias. O alcalde nacionalista da localidade asegura que cumprirá a lei malia a decisión do Bloque de pagar a extra de Nadal nos concellos onde goberna.
Fálase
Un terremoto no océano Atlántico séntese en varias localidades de Galicia. O tremor, de magnitude 5,6 na escala Richter, tivo lugar sobre as 3.30 da madrugada, segundo informou o Instituto Xeográfico Nacional.
Rubalcaba pretende recortar o 60% do plantel da Fundación Ideas do PSOE, segundo avanza Vozpópuli.
Juncker di que o fondo de rescate o o BCE actuarán para aliviar a débeda. O presidente do Eurogrupo advirte tamén en Le Figaro que España debería telo solicitado xa a activación do programa a Europa.
O INE confirma que o PIB contraeuse un 0,4% no segundo trimestre do ano, polo que se confirman as cifras dadas polo Banco de España a pasada semana.
Feijóo acode mañá á xuntanza convocada por Mariano Rajoy na sede central do PP cos presidentes autonómicos do seu partido. A priori, fixarán unha posición común para defender a política do Goberno ante a crise, aínda que non se descartan posibles anuncios de novos recortes.
O voceiro económico do PP no Congreso, Vicente Martínez Pujalte, asegura nunha entrevista en La Información que o seu partido xa prometera "sangue, suor e bágoas" ante a crise
Guillerme Vázquez cre que o "pucheirazo" da redución do Parlamento será o "remate indigno" para a "xestión do peor presidente da historia de Galiza". Nunha entrevista en RNE o portavoz nacional do BNG considerou que "o que lle sobra a Feijóo é a democracia"
O conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, teima en asegurar que a redución do Parlamento servirá para pagar gardarías. Na clausura dun acto do PP de Ourense agregou ademais que esta medida é consecuencia da "herdanza recibida" polos populares dende os gobernos do PSOE.
Comezan en Catalunya as protestas contra a suba das peaxes. O movemento #novullpagar corta o tráfico na localidade de Mollet para rexeitar o incremento.