Só o 30% dos mozos inscritos no plan de emprego da Xunta atoparon traballo. Case 10.000 persoas se apuntaron pero tan só 2.900 conseguiron un contrato.
Fálase
A Xunta prescindiu de case 7.500 empregos fixos durante os últiimos catro anos. O cadro de persoal autonómico caeu só un 3% grazas ao contratos temporais, un 47% máis.
A AELG volve pedir un Panteón de Galegos Ilustres "de titularidade pública" e "libre acceso". Así se pronunciou o colectivo nun acto con motivo do Día de Rosalía.
A Plataforma Feminista Galega exixe a inhabilitación do profesor da USC denunciado por comentarios machistas. Recorda que "lonxe de modificar a súa conduta" e "mostrar arrepentimento", "enviou unha carta a un medio de comunicación na que xustificaba o seu comportamento".
A xuntanza entre PSOE, Podemos, Compromís e IU para negociar a investidura será mañá luns. Os equipos negociadores de Sánchez e Iglesias veranse por primeira vez as caras a unha semana de que comece a sesión de investidura.
As mareas municipais celebran a súa terceira xuntanza na busca da confluencia para as autonómicas. Representantes de distintas candidaturas reúnense este domingo en Lugo.
Donald Trump gaña en Carolina do Sur e aséntase como favorito entre os republicanos nos EUA. A vitoria do polémico magnate nas primarias evidencia a súa fortaleza.
PSOE e Ciudadanos mellorarían resultados de celebrarse novas eleccións, segundo unha enquisa para El Mundo. Podemos perdería nove escanos e o PP, catro, segundo o inquérito.
O PP irrompe no salón de plenos de Cangas para colocar a bandeira española e a foto do rei. O partido di que o Concello incumpría a lei e non fixo caso das peticións.
Trinta concellos, o 9%, reúnen as rendas máis altas en Galicia. Os ingresos medios en Oleiros son catro veces máis altos que os de Negueira de Muñiz.