A xuntanza entre PSOE, Podemos, Compromís e IU para negociar a investidura será mañá luns. Os equipos negociadores de Sánchez e Iglesias veranse por primeira vez as caras a unha semana de que comece a sesión de investidura.
Fálase
As mareas municipais celebran a súa terceira xuntanza na busca da confluencia para as autonómicas. Representantes de distintas candidaturas reúnense este domingo en Lugo.
Donald Trump gaña en Carolina do Sur e aséntase como favorito entre os republicanos nos EUA. A vitoria do polémico magnate nas primarias evidencia a súa fortaleza.
PSOE e Ciudadanos mellorarían resultados de celebrarse novas eleccións, segundo unha enquisa para El Mundo. Podemos perdería nove escanos e o PP, catro, segundo o inquérito.
O PP irrompe no salón de plenos de Cangas para colocar a bandeira española e a foto do rei. O partido di que o Concello incumpría a lei e non fixo caso das peticións.
Trinta concellos, o 9%, reúnen as rendas máis altas en Galicia. Os ingresos medios en Oleiros son catro veces máis altos que os de Negueira de Muñiz.
As horas ilegais de traballo en Galicia equivalen a máis de 17.400 empregos. Un de cada sete asalariados do sector privado sobrepasa a xornada permitida.
O Superior dubida da legalidade dos nomeamentos de altos cargos do PP na Coruña. Pregunta ao Constitucional pola designación de habilitados como xefes de servizo no Concello durante o mandato anterior. Un grupo de funcionarios recorrera a decisión.
O Obradoiro cae ante o Baskonia na Copa nun excelente partido. O equipo galego puxo contra as cordas a un dos favoritos ante unha entregada afección na Coruña.
A Xunta comeza a multar a cadeas de distribución por vender leite por baixo do prezo de custo. Xa resolveu dous expedientes con sancións de 6.000 euros a cada unha.