As horas ilegais de traballo en Galicia equivalen a máis de 17.400 empregos. Un de cada sete asalariados do sector privado sobrepasa a xornada permitida.
Fálase
O Superior dubida da legalidade dos nomeamentos de altos cargos do PP na Coruña. Pregunta ao Constitucional pola designación de habilitados como xefes de servizo no Concello durante o mandato anterior. Un grupo de funcionarios recorrera a decisión.
O Obradoiro cae ante o Baskonia na Copa nun excelente partido. O equipo galego puxo contra as cordas a un dos favoritos ante unha entregada afección na Coruña.
A Xunta comeza a multar a cadeas de distribución por vender leite por baixo do prezo de custo. Xa resolveu dous expedientes con sancións de 6.000 euros a cada unha.
Falece Umberto Eco. O autor de No nome da rosa ou O péndulo de Foucalt morreu na súa casa aos 84 anos.
Cameron acada o acordo que quería para manter o Reino Unido na UE. Londres poderá decretar que se un comunitario aterra no país e atopa traballo non cobrará logo ningún subsidio social extra durante catro anos.
Pedro Sánchez acepta unha negociación conxunta do PSOE con Podemos, IU e Compromís. Faino en resposta á carta na que Alberto Garzón (IU-UP) propuxo o diálogo a catro bandas.
A Audiencia Nacional conclúe que apupar o himno de España non é un delito e non investigará os asubíos na final da Copa do Rei de fútbol.
O recadador de Aguirre ingresou no PP máis de 300.000 euros en efectivo e xestionou 42 ingresos en sucursais achegadas a Génova en menos dun mes para gastos electorais en 2004.
Case 2.500 persoas foron detidas en España por corrupción durante 2015. As investigacións triplicáronse durante unha lexislatura.