O recadador de Aguirre ingresou no PP máis de 300.000 euros en efectivo e xestionou 42 ingresos en sucursais achegadas a Génova en menos dun mes para gastos electorais en 2004.
Fálase
Case 2.500 persoas foron detidas en España por corrupción durante 2015. As investigacións triplicáronse durante unha lexislatura.
O Cunqueiro cancela trece operacións por falta de camas en dous días. O Sergas tan só admite dúas "reprogramacións".
Caballero rompe co alcalde do Porto: "Ten que pedir perdón polo seu insulto intolerable a Vigo". Di que non acudirá a ningún foro onde estea tamén o rexedor da cidade lusa.
O Supremo exime ás eólicas de abonar o imposto de transmisións patrimoniais impulsado pola Xunta. Unha sentenza dá a razón á empresa Fergo Galicia e confirma o ditame do TSXG.
O Congreso abre as súas portas a un sindicato próximo á Falange. O boletín oficial publica a acreditación para que a central falanxista TNS use os recursos da Cámara para representar os traballadores do Congreso.
A Valedora do Pobo alerta dun rebrote de agresións homófobas en Galicia. Milagros Otero sinala a "falta de formación" dos profesionais da sanidade para atender cuestións relacionadas coas persoas LGBTI e tamén a ausencia de protocolos de atención en materia educativa
Podemos e Compromís aceptan a negociación a catro proposta por IU para acadar un goberno de coalición de esquerdas, pero o PSOE evita responder
Gilead, o laboratorio do Sovaldi, citado a declarar para explicar se innovou ou copiou na súa medicina contra a hepatite C. A empresa deberá defender ante a Oficina Europea de Patentes a blindaxe comercial da súa molécula, pola que obtivo -só en Europa- uns ingresos de 3.400 millóns en 2015
Xa está en marcha na Coruña a mobilización para denunciar os abortos sen asistencia médica no CHUAC. Toda a información, hoxe en Praza.