Gilead, o laboratorio do Sovaldi, citado a declarar para explicar se innovou ou copiou na súa medicina contra a hepatite C. A empresa deberá defender ante a Oficina Europea de Patentes a blindaxe comercial da súa molécula, pola que obtivo -só en Europa- uns ingresos de 3.400 millóns en 2015
Fálase
Xa está en marcha na Coruña a mobilización para denunciar os abortos sen asistencia médica no CHUAC. Toda a información, hoxe en Praza.
VÍDEO Así se ve Galicia dende a Estación Espacial Internacional. O astrounauta Tim Peake grava un timelapse ao sobrevoar o norte de Europa na ISS e, antes de captar as Illas Británicas, amosa unha imaxe de Galicia.
Obama viaxará a Cuba en marzo. A viaxe podería ser confirmada hoxe pola Casa Branca e sería a primeira visita dun presidente en activo dos EUA desde 1928.
Os estatutos do PP impiden substituír a Rajoy como candidato sen o seu consentemento. O candidato á Presidencia debe ser o líder do partido e este o único que pode convocar un congreso.
Galicia perdeu unha aldea por semana o pasado ano e xa suma 1.670 sen habitantes. A despoboación fréase algo por primeira vez no último lustro pero case 2.000 lugares están ameazadas coa desaparición.
O alcalde de Porto cualifica de "miserable" a Peinador e di que TAP enviará a Vigo "avións de hélice parados". Rui Moreira despreza a terminal viguesa nunha entrevista na revista Visão.
O acordo contra a corrupción entre PSOE e Ciudadanos impediría a Besteiro ser candidato á Xunta. O pacto establece que os investigados non poderán ser incluídos en listas electorais nin nomeados para cargos públicos.
O PSOE ofreceu un posto no Goberno a IU na primeira xuntanza con Garzón. O líder da coalición rexeitou o ofrecemento e dixo que a única negociación posible daquela era o programa.
Os sindicatos ven un "cambio de signo" nos xuíces trala absolución dos 8 de Airbus. Confían en que a sentenza axude a exculpar outros piquetes acusados pola Fiscalía