A Xunta comeza a multar a cadeas de distribución por vender leite por baixo do prezo de custo. Xa resolveu dous expedientes con sancións de 6.000 euros a cada unha.
Fálase
Falece Umberto Eco. O autor de No nome da rosa ou O péndulo de Foucalt morreu na súa casa aos 84 anos.
Cameron acada o acordo que quería para manter o Reino Unido na UE. Londres poderá decretar que se un comunitario aterra no país e atopa traballo non cobrará logo ningún subsidio social extra durante catro anos.
Pedro Sánchez acepta unha negociación conxunta do PSOE con Podemos, IU e Compromís. Faino en resposta á carta na que Alberto Garzón (IU-UP) propuxo o diálogo a catro bandas.
A Audiencia Nacional conclúe que apupar o himno de España non é un delito e non investigará os asubíos na final da Copa do Rei de fútbol.
O recadador de Aguirre ingresou no PP máis de 300.000 euros en efectivo e xestionou 42 ingresos en sucursais achegadas a Génova en menos dun mes para gastos electorais en 2004.
Case 2.500 persoas foron detidas en España por corrupción durante 2015. As investigacións triplicáronse durante unha lexislatura.
O Cunqueiro cancela trece operacións por falta de camas en dous días. O Sergas tan só admite dúas "reprogramacións".
Caballero rompe co alcalde do Porto: "Ten que pedir perdón polo seu insulto intolerable a Vigo". Di que non acudirá a ningún foro onde estea tamén o rexedor da cidade lusa.
O Supremo exime ás eólicas de abonar o imposto de transmisións patrimoniais impulsado pola Xunta. Unha sentenza dá a razón á empresa Fergo Galicia e confirma o ditame do TSXG.