Como se esperaba, o primeiro Consello da Xunta despois do anuncio do adianto electoral contén varias promesas e anuncios populares. Feijoo afirma que Pemex "trasladou a solicitude formal de orzamento" a estaleiros galegos para a construción de sete barcos abastecedores. Ademais anunciou que a Xunta porá en marcha un "programa de protección social" para manter a asistencia sanitaria aos inmigrantes sen papeis, que xa foi cualificada onte polo Foro Galego de Inmigración como "parche".
Fálase
PSdeG-PSOE e Compromiso por Galicia esixen o cese de Alfonso Rueda como conselleiro de Presidencia, despois do seu nomeamento como director da campaña electoral do PP. Carmen Gallego pediulle a Feijoo que "deixe de confundir o PP coa Xunta" e Xoán Bascuas cualificou o nomeamento de "xesto antidemocrático"
O BNG pídelle ao Goberno central que lle reclame a AUDASA un programa de descontos na AP-9
O BNG pídelle ao Goberno central que lle reclame a AUDASA un programa de descontos na AP-9
Os afectados polas preferentes concentráronse na Coruña diante da sede de Novagalicia Banco, pedindo a devolución dos seus cartos e con berros de "Feijoo o teu voto xa voou"
O presidente exipcio Mohamed Morsi, que participa en Teherán no Cumio de Países Non Aliñados en Teherán, cualifica o goberno sirio de "opresor" e pide "unha intervención decidida" para rematar co "baño de sangue". O seu discurso provocou que a delegación siria abandonase a reunión.
Os afectados pola estafa das preferentes fixéronse ver, un día máis, na etapa da Vuelta a España, neste caso a crono que uniu Cambados e Pontevedra.
Crece a polémica nos Estados Unidos pola portada do Magacine de El Mundo do pasado 12 de agosto, na que aparecía unha fotomontaxe de Michele Obama como unha escrava espida.
O decreto de reforma do sistema financeiro, que este venres aprobará o Consello de Ministros, non incluirá a solución proposta polo Goberno para as preferentes, segundo adiantou o ministro de Economía, Luis de Guindos.
Núñez Feijoo adianta nunha entrevista no Faro de Vigo que o Consello da Xunta de hoxe aprobará unha "fórmula" para que as persoas migrantes sen papeis teñan acceso á atención sanitaria