Falece o alcalde das Somozas, Manuel Candocia, ao sufrir un infarto no transcurso do partido que disputaba o equipo de fútbol da vila, que presidía.
Fálase
O presidente da Generalitat catalá, Artur Mas, eloxia nunha entrevista coa BBC a mentalidade do Goberno británico ante o referendo de autodeterminación de Escocia e contrapono co "bloqueo" do Goberno español a Catalunya.
O novo cardeal español equipara a homosexualidade cunha enfermidade. Fernando Sebastián sentenza, nunha entrevista co diario Sur, que as relacións entre persoas do mesmo sexo son unha "deficiencia" que é posible "normalizar con tratamento".
O Obradoiro imponse por 47-83 ao UCAM Murcia no que supón a vitoria máis ampla da historia do equipo compostelán en ACB.
O Deportivo da Coruña perde por 1-2 ante Las Palmas nun partido marcado pola despedida de Augusto César Lendoiro como presidente do club.
Faro de Vigo repasa algunhas das principais "dinastías políticas" de Galicia e analiza "cando o cargo queda na familia".
O Consello de Europa censura a brutalidade da policía española e salienta a "impunidade" das súas actuacións. Cóntao El Periódico de Catalunya.
Os Alvia galegos seguen sen control de velocidade medio ano despois do accidente de Angrois. Cóntao El País
ETA reafirma o abandono da loita armada nun comunicado difundido a través do diario Gara
O New York Times únese aos medios internacionais que rexeitan a contrarreforma do aborto do Goberno español. Alerta de que, se é aprobada, suporá un retroceso "de décadas". Resúmeo El Diario