A policía detén un dos activistas da PAH que protestaba no Congreso. Os axentes acúsano de insultar os deputados desde a bancada da Cámara. Imaxe de El Diario.
A policía detén un dos activistas da PAH que protestaba no Congreso. Os axentes acúsano de insultar os deputados desde a bancada da Cámara. Imaxe de El Diario.
Gallardón rectifica e suprimirá algunhas taxas xudiciais. Atende así ás peticións da Defensora do Pobo, polo que eliminará algunhas e abaratará outras.
Expulsan do Congreso os activistas de Stop Desahucios que asistían ao debate sobre a súa ILP. Berraban "sí se puede" cando foron desaloxados por orde do presidente da Cámara.
O Supremo anula o indulto de Alfredo Sáenz concedido polo Goberno de Zapatero. O conselleiro delegado do Santander fora condenado a tres meses de arresto por acusación falsa.
O PP dá marcha atrás e anuncia que dirá si á tramitación da ILP sobre desafiuzamentos. Acábao de anunciar o seu voceiro no Congreso, Alfonso Alonso, segundo adianta El Diario.
O Tribunal Supremo conclúe a instrución do caso Campeón contra José Blanco. O xuíz reclama á UDEF as últimas dilixencias e recorda que el define os límites da actuación policial.
Unha parella de xubilados suicídase tras recibir o aviso de desafiuzamento. Os anciáns explicaron nunha carta a súa decisión ante a perda da súa casa, tal e como conta Diario de Mallorca.
A chegada de Draghi provoca un apagón de comunicacións no Congreso. Cortouse o wi-fi e utilizáronse inhibidores para evitar que se informase da intervención do presidente do BCE.
Iberia presenta un ERE para máis de 3.800 traballadores. Alegará causas económicas e ofrecerá as indemnizacións mínimas que marca a lei, segundo conta El Diario.
A Plataforma de Afectados pola Hipoteca pide á xente que se concentre ante as sedes do PP se o partido rexeita a ILP sobre a dación en pago. Ada Colau reclámao diante do Congreso. [Vídeo de Gonzalo Cortizo].