O Deportivo cae na casa ante o Valencia (2-3) no tempo engadido e afunde na táboa. O equipo galego remontou o gol inicial do Valencia con dous tantos de Riki, pero perdeu tras xogar case toda a segunda parte con dez por expulsión de Sílvio.

O Deportivo cae na casa ante o Valencia (2-3) no tempo engadido e afunde na táboa. O equipo galego remontou o gol inicial do Valencia con dous tantos de Riki, pero perdeu tras xogar case toda a segunda parte con dez por expulsión de Sílvio.
O Lugo remonta e gaña ao Las Palmas (3-1) no Anxo Carro. Óscar Díaz, De Coz e Víctor Díaz marcaron os goles do equipo galego.
O xornalista galego Xabier Fortes entra no consello de informativos de TVE. Foi un dos elixidos polos traballadores do ente público, segundo informa Europa Press.
O Celta empata en Balaídos ante a Real Sociedad (1-1) nun partido no que xogou case toda a segunda metade con dez homes por expulsión de Augusto. Tamén foi expulsado o técnico Paco Herrera. Krohn-Dehli anotou para os vigueses e Elustondo para os vascos.
O BNG buscará "adaptar" a súa liña política "á nova realidade de crise económica e social" na súa vindeira asemblea nacional do 17 de marzo, na que procurará "un proxecto útil para camiñar cara a unha Galiza democrática, soberana e con xustiza social".
Feijóo destaca o "papel imprescindible" do xornalismo para afrontar os retos e involucrar a cidadanía. O presidente da Xunta di que "é máis necesario que nunca" que o periodismo funcione.
Paula Prado dimitirá como concelleira en Santiago. Feijóo deixa "as portas abertas para quen queira marchar" tras anunciar que só os conselleiros que forman parte do comité executivo do PPdeG seguirán como deputados.
A asemblea nacional do BNG será o vindeiro 17 de marzo, segundo confirma o seu voceiro, Guillerme Vázquez.
A Casa Real exclúe a Urdangarin da súa web oficial. Quere "marcar distancias" co duque de Palma, segundo aseguran fontes da Zarzuela ás axencias.
O Azkar Lugo derrota o Gáldar (4-3). Iago Rodríguez marcou o tanto definitivo a medio minuto do final. O Santiago Futsal perdeu o seu primeiro partido na casa (3-5) ante o Ríos Renovables.