O Azkar Lugo derrota o Gáldar (4-3). Iago Rodríguez marcou o tanto definitivo a medio minuto do final. O Santiago Futsal perdeu o seu primeiro partido na casa (3-5) ante o Ríos Renovables.

O Azkar Lugo derrota o Gáldar (4-3). Iago Rodríguez marcou o tanto definitivo a medio minuto do final. O Santiago Futsal perdeu o seu primeiro partido na casa (3-5) ante o Ríos Renovables.
O Breogán gaña na casa do líder. O equipo lucense venceu o Burgos (77-85) nunha nova xornada da Liga LEB. O COB, pola súa banda, caeu en Logroño (75-71).
A Consellería de Educaciónn só aumenta as partidas para docentes de relixión e FP privada. O gasto en ensinanza relixiosa, 27,7 millóns, é igual que o dos comedores. Cóntao El País.
Sánchez Aguión repetirá na secretaría xeral de CCOO de Galicia, ao ser o único en presentar candidatura no 10º Congreso do sindicato. Dúas opcións, no entanto, disputábanse a comisión executiva.
De Guindos prevé que a economía española volva crecer no cuarto trimestre. Asegura que o dato do déficit será positivo, tal e como conta Europa Press.
Os PAS abandonan o peche que mantiñan no edificio da Balconada da USC "logo de que o reitor aceptase comezar as negociacións o próximo martes". O colectivo protestaba contra o recorte no financiamento das universidades galegas. O mércores teñen convocada unha asemblea de traballadores a primeira hora.
A revista de Emirates Airline define Galicia como "a terra natal do Generalísimo Francisco Franco de onde todos queren marchar", tal e como se está a denunciar en diversas redes sociais. A frase provén dunha reportaxe anterior de The NY Times. Imaxe de @Avilafranca_
Empresas e autónomos poderán operar en todo o Estado cunha única licenza. O Consello de Ministros aproba o anteproxecto de lei de unidade de mercado.
Desaparece o derradeiro diario impreso en lingua galega. De Luns a Venres, editado polo grupo El Progreso, pasa a ser semanal, no marco dun paquete de medidas do grupo empresarial que inclúe despedimentos.
Finaliza o peche na Facultade de Historia de Santiago. O estudantado decidiu en asemblea aberta rematar co peche que comezara o pasado xoves 16 de Xaneiro en protesta pola falta de prazas para o estudo nas bibliotecas e contra a "penosa situación" da Universidade.