Desaparece o derradeiro diario impreso en lingua galega. De Luns a Venres, editado polo grupo El Progreso, pasa a ser semanal, no marco dun paquete de medidas do grupo empresarial que inclúe despedimentos.

Desaparece o derradeiro diario impreso en lingua galega. De Luns a Venres, editado polo grupo El Progreso, pasa a ser semanal, no marco dun paquete de medidas do grupo empresarial que inclúe despedimentos.
Finaliza o peche na Facultade de Historia de Santiago. O estudantado decidiu en asemblea aberta rematar co peche que comezara o pasado xoves 16 de Xaneiro en protesta pola falta de prazas para o estudo nas bibliotecas e contra a "penosa situación" da Universidade.
Afectados polas preferentes irrompen no pleno da Deputación da Coruña e protestan tamén na de Pontevedra.
A Xunta coloca toda a débeda autorizada e desbota recorrer ao Fondo de Liquidez. Cóntao Europa Press.
A sentenza do caso Pallerols confirma que Unió se financiou irregularmente. O partido de Duran i Lleida ingresou 200.000 euros das academias do empresario andorrano, tal e como confirma o ditame que adianta a Cadena Ser.
La Región repasa os doce concelleiros do PP galego que abandonaron as súas responsabilidades nos últimos días
O FROB quedará co 100% do Banco Gallego e buscará un comprador. Como accionista único de NCG, participará na ampliación de capital da entidade, segundo conta Economía Digital.
Resolven nun congreso en Santiago o problema matemático de Neumann, un dos máis importantes do milenio. Os profesores Carl C. Cowen, da Universidade West Lafayette (Estados Unidos), e Eva Gallardo, da Complutense de Madrid, presentan este venres na USC a solución a este problema.
Veciños de Compostela crean un plataforma cidadá para "defender a cidade" dos casos de corrupción. Convocan unha asemblea aberta este venres ás 19.30 horas na Biblioteca Ánxel Casal.
Rajoy decide non dicir nin facer nada sobre a polémica dos sobresoldos no PP. "Deste asunto xa non me preocupo; esperarei ao que diga a xerente", asegura nunha conversa informal con xornalistas.