Veciños de Compostela crean un plataforma cidadá para "defender a cidade" dos casos de corrupción. Convocan unha asemblea aberta este venres ás 19.30 horas na Biblioteca Ánxel Casal.

Veciños de Compostela crean un plataforma cidadá para "defender a cidade" dos casos de corrupción. Convocan unha asemblea aberta este venres ás 19.30 horas na Biblioteca Ánxel Casal.
Rajoy decide non dicir nin facer nada sobre a polémica dos sobresoldos no PP. "Deste asunto xa non me preocupo; esperarei ao que diga a xerente", asegura nunha conversa informal con xornalistas.
El País recolle que o Consello de Contas ratifica o seu informe sobre o desvío de facturas da Xunta
Economistas Frente a la Crisis analiza os datos da EPA do IV trimestre de 2012. Conclúe que o 2012 foi "un ano perdido para o emprego e o crecemento"
O Goberno prorrogará os 400 euros ata que o paro baixe do 20%. Mariano Rajoy vén de anunciar a continuidade desta axuda para os desempregados sen dereito prestación.
Queremos Galego acode aos tribunais ante a nova negativa do Concello de Santiago a autorizar un palco para o acto do domingo. “Non poderemos ter palco, mais teremos gorxas”, advirte Carlos Callón, voceiro da plataforma.
Denuncian que a placa que lembra en Madrid os avogados asasinados na matanza de Atocha amenceu boicoteada con pintura este xoves, día do aniversario da masacre
O PP gábase en Twitter das políticas da Xunta en materia de software libre
Os traballadores portugueses en territorio español diminuíron case á metade dende o inicio da crise. Recólleo o Diário Público
Novagalicia Banco denuncia a varios afectados polas preferentes por coaccións e ameazas. Plataformas de afectados consideran a medida unha "chantaxe emocional". Cóntao Economía Digital.