O blog de Público Principia Marsupia analiza a “pillada” a Kerry que "pode evitar o bombardeo" a Siria. O Congreso de EE UU aprazou a votación sobre o ataque á espera de que Siria cumpra as esixencias apuntadas por Kerry e explicitadas por Rusia e Francia.
Fálase
O descenso dos salarios en España continúa durante o segundo trimestre. Caen un 0,3% e acumulan nove trimestres consecutivos de recorte. En 2012 o custe por hora retrocedeu un 3,4%.
O BNG abandona o pleno do Parlamento tras impedir a presidenta que a deputada Ana Pontón se referise ao accidente de Angrois durante a comparecencia do conselleiro de Infraestruturas sobre seguridade viaria.
O xuíz imputa cinco responsables de ADIF polo accidente de Angrois, segundo adianta Antena 3. Esta mañá o PP rexeitou investigar a traxedia nunha comisión parlamentaria.
A xuíza Alaya pide a imputación de José Antonio Griñán e Manuel Chaves polo caso dos ERE.
O colectivo Sei o que nos figestes... convoca para este serán en Compostela unha retranqueira conmemoración do Día Nacional de Gibraltar e do aniversario do presidente da Xunta.
Este mércores ás 20.30 horas celebrarase en Compostela unha homenaxe poético-musical a Salvador Allende na rúa que leva o nome do presidente chileno. Está confirmada a presenza de Xosé Constenla, Ramiro Vidal Alvarinho, Concha Rousia, Roberto Sobrado, David Otero, Mónica Camaño, Antón Dobao ou Rosa Enríquez.
Xa se poden escoitar os audios dos relatorios e debates que compuxeron a xornada sobre Cartografías das resistencias: transformacións da praxe política ou as revoltas globais, organizada polo colectivo Proxecto Derriba e a Facultade de Filosofía da USC.
A Mocidade Nacionalista Galega iniciou unha recollida de sinaturas demandando a ampliación do prazo de anulación da matrícula nas universidades galegas, de tal xeito que as persoas que teñen solicitada unha bolsa, se esta é denegada, poidan anular a matrícula
O PSdeG pide unha "comisión de estudo" sobre o accidente de Angrois tras absterse na petición de comisión de investigación formulada por AGE e o BNG.