Os afeccionados do Barça corearon berros de "independència" no minuto 17 e 14 segundos do clásico ante o Real Madrid no Camp Nou, como estaba previsto.
Fálase
Pere Rusiñol afirma en El País y el capitalismo de casino que a "caída de El País non é unha catástrofe natural, senón un exemplo de libro de como unha mala xestión pode arruinar mesmo a institución xornalística máis sólida que tivo nunca España. Internet e o suposto cambio de paradigma son só actores moi secundarios do drama"
The Economist cualifica de "misterioso" a Rajoy pola ambigüidade das súas decisións
Milleiros de persoas maniféstanse contra os recortes en medio cento de cidades de toda España
Beiras e Feijóo, os candidatos coa imaxe máis afín ao seu electorado, segundo unha análise realizada por unha experta na análise da estética como ferramenta de comunicación.
O xornal portugués Público realizou unha infografia que amosa como se desenvolveu os dias 4 e 5 de outubro de 1910 en Lisboa a revolución que acabou coa monarquia
Venezuela celebra hoxe eleccións presidenciais, que se prevén máis axustadas ca nunca, entre Hugo Chávez e o opositor Henrique Capriles. As urnas pecharán ás once e media da noite, hora española.
O PSdeG denuncia a manipulación informativa de TVG en campaña electoral. Pablo García, coordinador de campaña electoral dos socialistas, denuncia que "é inadmisible que un medio público de comunicación, que pagamos todos os galegos, entrase en campaña descaradamente a favor do PP".
O clásico desta tarde entre Barcelona e Real Madrid quentouse onte en twitter cun hashtag que chegou a ser trending topic: #SiEspañaNoEsVuestroPaís NoJuguéisLaLigaESPAÑOLA. No partido de hoxe agárdase con expectación ao minuto 17 e 14 segundos cando os afeccionados do Barça están convocados a cantar Els Segadors e a realizar cánticos independentistas.
ABC e La Voz publican esta mañá dúas entrevistas con Alberto Núñez Feijoo acompañadas de dúas sondaxes que lle garanten a maioría absoluta. Feijoo busca trasladar a mensaxe de que os comicios se xogan en clave galega e tenta afastar o lastre da xestión de Mariano Rajoy: "Los gallegos van a votar a Vázquez o a mí, no a Rubalcaba o Rajoy"