Mercadona despide en Oleiros a unha empregada por criticar nas redes sociais o trato dado ao persoal. A empresa xustifica a acción, comunicada a través de burofax, polos “comentarios inxuriosos e calumniosos” supostamente difundidos a través de internet pola traballadora, que estaba de baixa por ansiedade.
Fálase
Falece o padre Isorna, quen oficiou durante anos misa na TVG. Comprometido coa cultura e a lingua galega, será soterrado esta tarde en Valga.
As construtoras ameazan con parar o AVE a Galicia se Fomento non recoñece os sobrecustos. Os problemas, por todo o Estado, concéntranse na alta velocidade galega e no Y vasco.
O crowdfunding de La Marea para publicar dossieres sobre as 35 empresas do Ibex suma xa 20 mil euros en dous días. Búscase recadar entre 70 e 150 mil euros para financiar o proxecto.
A Coruña contará dende este xoves co primeiro caixeiro de Bitcoin en Galicia
Ignacio Escolar repasa a conexión entre Juan Luis Cebrián e a trama de empresas offshore en paraísos fiscais. O director de eldiario.es revela que lle veñen de comunicar que deixará de ser convidado a colaborar na Cadena Ser
Centos de persoas participaron este martes en Ferrol nunha concentración para reclamar "xustiza" para a muller asasinada este luns
O alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, deixa o BNG e augura máis baixas na formación. Antelo presentou esta fin de semana o proxecto Foro Galego, un espazo de debate que busca a "concentración parcelaria" da política nacionalista e de esquerdas
A xuíza ordena ceder ao colectivo animalista Vox Ánima a titularidade das 15 vacas de Boiro que estaban sendo deixadas morrer de fame. A entidade prevé trasladalas a un santuario en Santiago para que se poidan recuperar. O gandeiro de Chantada que deixou morrer 39 animais declarará o venres como investigado no seu caso.
O Parlamento de Valonia (Bélxica) vota hoxe unha resolución contra o acordo comercial UE-Canadá. Sen o visto bo das súas tres rexións autónomas, Bélxica non pode aprobar o acordo