O Proceso 1º de maio pechouse este sábado en Compostela coa constitución da organización política xuvenil Espiral-Mocidade Republicana Galega.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/59be3372e568c-21762192_687425794795856_7911983048535580229_n.jpg)
O Proceso 1º de maio pechouse este sábado en Compostela coa constitución da organización política xuvenil Espiral-Mocidade Republicana Galega.
32.000 persoas maniféstanse en Bilbao en apoio á celebración do referendo catalán do 1 de outubro, co lema "Bozkatu erabakitzeko. Democracia. Catalunya, estem amb vosaltres". Na marcha houbo unha importante representación de EH Bildu e PNV.
Javier Gómez Noya, medalla de prata nas Series Mundiais de Triatlón, só por detrás do madrileño Mario Mola
Os traballadores do metal da provincia da Coruña (uns 18 mil) votarán ata o mércores se aceptan o convenio acordado, apoiado por UGT e CCOO pola "recuperación do poder adquisitivo" e rexeitado pola CIG por non eliminar a precariedade
Xulio Ferreiro, entrevistado en La Opinión: "A Xunta ten medo de que a Gran Coruña de medio millón de habitantes lle reste poder político". O rexedor destaca que "Temos un diálogo fluído e sincero co PSOE que debemos coidar porque aínda é fráxil"
O toureiro Juan José Padilla amosa unha bandeira franquista durante unha corrida celebrada en Villacarrillo (Xaén)
Este sábado finalizou en Compostela o simposio internacional sobre Xerardo Fernández Albor e o seu tempo. No acto de clausura participaron Mariano Rajoy, Alberto Núñez Feijoo ou Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento, ademais do propio Albor.
Morre Bautista Álvarez, fundador da UPG, organización da que foi presidente entre 1977 e 2008. Foi deputado no Parlamento galego entre 1989 e 2005. Militante histórico do nacionalismo galego, contaba 84 anos de idade. A nova foi comunicada pola UPG na súa conta de twitter pouco despois das dúas da tarde. Máis información, esta tarde en Praza.
Mariano Rajoy afirma en Santiago que "o referendo non se vai celebrar" porque suporía "a liquidación da vontade maioritaria dos españois". Ada Colau defende os alcaldes "intimidados" e "perseguidos" e di que "isto non vai de independencia, senón dos nosos dereitos e liberdades" que defenderán como "un só pobo" por riba de "diferenzas".
Galiza Nova organiza este martes 19 en Compostela un acto de apoio apoio ao referendo de Cataluña. Na mesa redonda, que se celebrará na Facultade de Filosofía, participarán Pernando Barrena (Sortu), Pau Morales (portavoz das xuventudes de ERC) e Navia Rivas (BNG). Anova está a preparar tamén actos de apoio á consulta