O toureiro Juan José Padilla amosa unha bandeira franquista durante unha corrida celebrada en Villacarrillo (Xaén)
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/59bd54afd0a14-captura.jpg)
O toureiro Juan José Padilla amosa unha bandeira franquista durante unha corrida celebrada en Villacarrillo (Xaén)
Este sábado finalizou en Compostela o simposio internacional sobre Xerardo Fernández Albor e o seu tempo. No acto de clausura participaron Mariano Rajoy, Alberto Núñez Feijoo ou Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento, ademais do propio Albor.
Morre Bautista Álvarez, fundador da UPG, organización da que foi presidente entre 1977 e 2008. Foi deputado no Parlamento galego entre 1989 e 2005. Militante histórico do nacionalismo galego, contaba 84 anos de idade. A nova foi comunicada pola UPG na súa conta de twitter pouco despois das dúas da tarde. Máis información, esta tarde en Praza.
Mariano Rajoy afirma en Santiago que "o referendo non se vai celebrar" porque suporía "a liquidación da vontade maioritaria dos españois". Ada Colau defende os alcaldes "intimidados" e "perseguidos" e di que "isto non vai de independencia, senón dos nosos dereitos e liberdades" que defenderán como "un só pobo" por riba de "diferenzas".
Galiza Nova organiza este martes 19 en Compostela un acto de apoio apoio ao referendo de Cataluña. Na mesa redonda, que se celebrará na Facultade de Filosofía, participarán Pernando Barrena (Sortu), Pau Morales (portavoz das xuventudes de ERC) e Navia Rivas (BNG). Anova está a preparar tamén actos de apoio á consulta
Google dedica o seu doodle a Emilia Pardo Bazán no 166 aniversario do seu nacemento.
Mounqup gaña o premio Fran Pérez “Narf” da Deputación da Coruña para novos proxectos musicais. O proxecto da cantante de orixe francesa Camille Hédouin obtivo o primeiro posto, a banda IGMIG levou o segundo premio, Pardo o terceiro, Cintaadhesiva o cuarto e Samarúas o quinto premio.
El Diario analiza o conflito social que se desenvolve en Murcia, ao fío das obras do AVE. Os veciños piden o soterramento das vías, para evitar que a cidade quede partida en dous por un muro de nove quilómetros. A resposta policial ás protestas veciñais acabou con varias persoas feridas e unha vintena de detidas
A Guarda Civil requisa 100.000 carteis de propaganda do referendo en L’Hospitalet
O xuíz de Angrois chamará a declarar o Director de Seguridade de Renfe, Antonio Lanchares. De momento o maxistrado só pide que a empresa pública o identifique, polo que aínda non se sabe se o fará como testemuña ou como imputado. Lanchares aínda non declarou na causa e agora faríao como consecuencia do declarado o pasado 27 de xullo polo seu homólogo en Adif, Andrés Cortabitarte, imputado. Tamén pide que se identifique a responsables da empresa pública Ineco que auditou a liña de AVE Ourense-Santiago.