O xuíz de Angrois chamará a declarar o Director de Seguridade de Renfe, Antonio Lanchares. De momento o maxistrado só pide que a empresa pública o identifique, polo que aínda non se sabe se o fará como testemuña ou como imputado. Lanchares aínda non declarou na causa e agora faríao como consecuencia do declarado o pasado 27 de xullo polo seu homólogo en Adif, Andrés Cortabitarte, imputado. Tamén pide que se identifique a responsables da empresa pública Ineco que auditou a liña de AVE Ourense-Santiago.