Rajoy ameaza á Generalitat: "Vannos obrigar ao que non queremos chegar"
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/59bc0f111bc88-rajoy.jpg)
Rajoy ameaza á Generalitat: "Vannos obrigar ao que non queremos chegar"
A Garda Civil requisa 100.000 carteis de propaganda do 1-O nunha imprenta de Barcelona. Os axentes entraron en catro locais na busca de material sobre a consulta.
O xuíz de Angrois chamará a declarar o Director de Seguridade de Renfe, Antonio Lanchares. De momento o maxistrado só pide que a empresa pública o identifique, polo que aínda non se sabe se o fará como testemuña ou como imputado. Lanchares aínda non declarou na causa e agora faríao como consecuencia do declarado o pasado 27 de xullo polo seu homólogo en Adif, Andrés Cortabitarte, imputado. Tamén pide que se identifique a responsables da empresa pública Ineco que auditou a liña de AVE Ourense-Santiago.
A Garda Civil acode ás redaccións de El Punt Avui e Vilaweb para confirmar que o diario publica anuncios do referendo e rexistra dúas imprentas.
O Goberno central asume o control financeiro total da Generalitat. O Consello de Ministros adoptou unha serie de acordos pola que o Estado central pasará a pagar directamente parte das nóminas dos funcionarios de Cataluña. En rolda de prensa Cristóbal Montoro afirmou que a medida busca que "ningún euro vaia a actividade ilegal ningunha"
As bases de Catalunya en Comú votan a favor de participar no 1-O, unha posición defendida por Xavier Domènech, Ada Colau ou Gerardo Pisarello, que acudirán ás urnas aínda que a consideran unha xornada mobilización e non un referendo. Na consulta participou o 44% das persoas inscritas, das que o 60% que apoiaron a proposta.
Este venres comezou a campaña #ChíaPolaFilosofía, que persegue implicar centros de ensino e a cidadanía en xeral na reivindicación da recuperación da materia de Filosofía no Bacharelato #FilosofíaSi
Unha carga policial en Murcia contra unha concentración veciñal que pedía o soterramento das vías do tren acaba con varias persoas feridas e 20 detidas
Armando Requeixo gaña o Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela, que entrega o Concello da Estrada, por cinco artigos publicados no Faro de Vigo: "Rosalía voa alto", "Palabras para o Alén", "Lingua Zombi", "Cando iso non pode pasar aquí" e "De rosas e letras"
Este xoves faleceu Francisco Lores, presidente da Federación de Asociacións Galegas de Arxentina. Nacido no Grove, Lores contaba 83 anos e levaba no país austral dende os 18. Será soterrado no cemiterio da Chacarita