Este xoves faleceu Francisco Lores, presidente da Federación de Asociacións Galegas de Arxentina. Nacido no Grove, Lores contaba 83 anos e levaba no país austral dende os 18. Será soterrado no cemiterio da Chacarita
Este xoves faleceu Francisco Lores, presidente da Federación de Asociacións Galegas de Arxentina. Nacido no Grove, Lores contaba 83 anos e levaba no país austral dende os 18. Será soterrado no cemiterio da Chacarita
74 persoas mortas e un cento feridas nun dobre atentato perpetrado en Iraq polo ISIS nun posto de control e nun restaturante. A cifra de falecidos podería aumentar nas vindeiras horas
A campaña transversal do 'si' no referendo catalán comeza en Tarragona cun baño de multitudes. No acto participaron Carles Puigdemont, Quim Arrufat ou Oriol Junqueras.
O Goberno central ameaza con controlar por completo todos os pagamentos da Generalitat. A decisión do Goberno catalán de non remitir a Facenda os informes semanais permítelle arrogarse a potestade de pagar directamente as facturas
A crise de Cataluña non afecta á intención de voto dos partidos. A sondaxe de Celeste-Tel para El Diario mantén os catro principais partidos en niveis semellantes aos do mes pasado.
Acordo entre Ada Colau e a Generalitat para que os barceloneses poidan votar o 1-O. A alcaldesa di que se poderá participar "sen poñer en risco a institución nin os servidores públicos".
O BNG anima a Feijóo a pagar do seu peto os 3 millóns por anular o concurso eólico do bipartito. En Marea tamén instara o presidente a abonar o importe que sairá das arcas públicas. O xefe do Executivo asegurou hoxe que a Xunta non indemnizará, senón que pagará os gastos administrativos das empresas.
Anova chama a defender o dereito a decidir e a rebelarse "contra o estado de excepción non declarado". A formación nacionalista prepara actos de apoio ao referendo do 1-O.
O grupo Os da Ria despídese dos escenarios na fin de semana do 22 e 23 de setembro. "Vai ser duro para Galicia, mais tamén Galicia foi dura arreo para os nóscolos", din nun comunicado.
PSA creará unha quenda de tarde e contratará 600 traballadores e 2018 para o lanzamento das súas novas furgonetas.