O Goberno central ameaza con controlar por completo todos os pagamentos da Generalitat. A decisión do Goberno catalán de non remitir a Facenda os informes semanais permítelle arrogarse a potestade de pagar directamente as facturas
Fálase
A crise de Cataluña non afecta á intención de voto dos partidos. A sondaxe de Celeste-Tel para El Diario mantén os catro principais partidos en niveis semellantes aos do mes pasado.
Acordo entre Ada Colau e a Generalitat para que os barceloneses poidan votar o 1-O. A alcaldesa di que se poderá participar "sen poñer en risco a institución nin os servidores públicos".
O BNG anima a Feijóo a pagar do seu peto os 3 millóns por anular o concurso eólico do bipartito. En Marea tamén instara o presidente a abonar o importe que sairá das arcas públicas. O xefe do Executivo asegurou hoxe que a Xunta non indemnizará, senón que pagará os gastos administrativos das empresas.
Anova chama a defender o dereito a decidir e a rebelarse "contra o estado de excepción non declarado". A formación nacionalista prepara actos de apoio ao referendo do 1-O.
O grupo Os da Ria despídese dos escenarios na fin de semana do 22 e 23 de setembro. "Vai ser duro para Galicia, mais tamén Galicia foi dura arreo para os nóscolos", din nun comunicado.
PSA creará unha quenda de tarde e contratará 600 traballadores e 2018 para o lanzamento das súas novas furgonetas.
A Garda Civil pecha a web do referendo da Generalitat e Puigdemont difunde outra aos poucos minutos. Sectores da política e da xudicatura, alarmados ante a ameaza de detención para 712 alcaldes.
O Supremo non admite o recurso do Concello da Coruña para evitar o derrubamento do edificio Conde de Fenosa. O goberno local lamenta que “a lousa que supón a xestión urbanística irregular do pasado comprometa a solvencia do patrimonio municipal”.
O PSdeG denuncia que os trens AVE que cheguen da Meseta non poderán pasar da estación de Ourense. Os socialistas salientan que os planos da remodelación da estación evidencian que as vías de ancho internacional polas que circula a alta velocidade rematan alí e só os trens con ancho ibérico poderán continuar cara o resto de Galicia.