O Deportivo cae en Riazor ante o Sevilla (3-4) e segue en zona de perigo. Os goles de Oriol Riera (2) e Lucas Pérez non foron dabondo para puntuar nun encontro con moitas ocasións.
Fálase
A Marea Atlántica destaca o "éxito de participación" nas primarias que arrancaron hoxe para elixir a candidatura de unidade que se presentará ás eleccións locais na Coruña. O prazo de votación remata mañá domingo á tarde.
Galicia, subcampioa mundial de fútbol gaélico. O equipo masculino caeu na final ante Arxentina (1-4 /0-4) e completa unha excelente participación na súa estrea como selección oficial. O equipo feminino caeu na segunda rolda ante Oriente Medio. Toda a información, esta mañá en Praza.
A Marea Atlántica celebra esta fin de semana as súas primarias. Os participantes poderán elixir doce nomes de entre calquera das cinco listas presentadas para completar a candidatura unitaria á alcaldía da Coruña.
Galicia disputará a final do Mundial de fútbol gaélico ante Arxentina. O equipo masculino venceu na semifinal a Suráfrica e loitará polo campionato na estrea dunha selección galega oficial nun torneo internacional. O combinado feminino caeu ante Oriente Medio. #gaaworldgames
Rajoy elixe a Cifuentes para a Comunidad de Madrid e a Aguirre para o Concello e deixa caer a Ignacio González, que atribúe a decisión a unha "campaña orquestrada".
De Lara imputa vinte persoas en Ourense pola retirada de multas do guindastre. O ex alcalde Francisco Rodríguez, ex concelleiros, funcionarios e policías locais figuran entre os citados a declarar.
Polémica pola actuación de Mucha e Nucha no acto da Xunta polo Día da Muller. A socialista Carmen Gallego cualificou o espectáculo de "mofa e insulto".
A presidenta do Comité de Persoal de Povisa e outros dous membros do mesmo iniciarán o vindeiro martes unha folga de fame en protesta polos 13 despedimentos aprobados pola dirección do hospital privado.
Galicia vence a Suráfrica no Mundial de fútbol gaélico. As seleccións feminina e masculina gañaron no seu primeiro partido na estrea como combinado oficial por 8-2 e 10-5 respectivamente.