We are happy from Galicia, o vídeo dos profesores e alumnos do CEIP dos Blancos, convértese nun éxito na Rede. Suma xa máis de 8.000 visitas.
Fálase
Cidadáns da Coruña saen á rúa contra a corrupción convocados polo Movemento de Loita Popular. Os manifestantes piden a dimisión de todos os cargos políticos corruptos tras a revelación dos presuntos delitos que desvelou a operación Pokémon. Imaxe de @15Mmontealto.
Costa da Morte, de Lois Patiño, gaño o premio ao mellor documental no Play-Doc. Máis información, hoxe en Praza.
Críticos de Anova organízanse como grupo político para "rexenerar" a formación. Propoñen a convocatoria urxente dunha asemblea antes do verán e piden unha elección "democrática e estatutaria" do Consello e do voceiro nacional.
Anonymous difunde datos de case 300 axentes antidisturbios. Revela contrasinais e correos de policías e ameazan con publicar máis datos. "Unha metedura de zoca máis e actuaremos en consecuencia", advirte.
O presidente de Extremadura di que "ser do PP non é apoiar a lei do aborto cun bolso de 3.000 euros". José Antonio Monago volve criticar a reforma que prepara o ministro Gallardón.
Clamor en Vigo contra a reforma de Gallardón que elimina o partido xudicial da cidade. Xuíces, fiscais, avogados e todos os grupos políticos exixen que se recoñeza a "excepcionalidade" da urbe e cren "intolerable" que sexa unha "delegación" de Pontevedra.
Gómez Noya comeza a defensa do seu título mundial cunha exhibición en Nova Celandia. O triatleta ferrolán inicia con vitoria o seu intento por conseguir o seu cuarto título.
O Gipuzkoa vence o Obradoiro (72-76) nun tenso e igualado partido en Santiago. O conxunto vasco foi mellor nos últimos e decisivos minutos.
O Celta cae goleado en Vallecas e terá que seguir agardando para certificar a permanencia. Os vigueses perderon 3-0 ante o Rayo nun partido no que a fortuna non estivo do seu lado. Na Segunda B, o Compostela empatou co Oviedo (1-1) grazas a outro tanto de Joselu.