Clamor en Vigo contra a reforma de Gallardón que elimina o partido xudicial da cidade. Xuíces, fiscais, avogados e todos os grupos políticos exixen que se recoñeza a "excepcionalidade" da urbe e cren "intolerable" que sexa unha "delegación" de Pontevedra.
Fálase
Gómez Noya comeza a defensa do seu título mundial cunha exhibición en Nova Celandia. O triatleta ferrolán inicia con vitoria o seu intento por conseguir o seu cuarto título.
O Gipuzkoa vence o Obradoiro (72-76) nun tenso e igualado partido en Santiago. O conxunto vasco foi mellor nos últimos e decisivos minutos.
O Celta cae goleado en Vallecas e terá que seguir agardando para certificar a permanencia. Os vigueses perderon 3-0 ante o Rayo nun partido no que a fortuna non estivo do seu lado. Na Segunda B, o Compostela empatou co Oviedo (1-1) grazas a outro tanto de Joselu.
O Deportivo vence en Madrid ao Castilla (0-2) con goles de Juan Domínguez e Ifrán e colócase líder da Segunda División á espera do que faga o Eibar.
A Deputación de Lugo será a primeira cuns orzamentos participativos. Besteiro asinou este sábado un convenio co presidente da Confederación Galega de Asociacións Veciñais (Cogave), polo que 130 colectivos lucenses colaborarán nas contas do organismo provincial para 2015.
Un cento de persoas reclaman "investigación e xustiza" para José Couso en Ferrol. No acto organizado por Esquerda Unida participaron dúas tías do cámara asasinado polo exército dos EUA, que aseguraron que a familia "seguirá loitando ata o final" para que se xulguen os feitos. Imaxe de @raulsalgado.
O BNG presenta o seu programa para as europeas, co que busca un novo estatus para Galicia. Reclama un fondo lácteo, declarar o país como "zona altamente dependente" da pesca e axudas para Navantia logo do vento. "É o programa da rebeldía, dos que queren futuro e non se resignan", dixo o seu voceiro nacional, Xavier Vence.
La Sexta retrata a mala situación socioeconomica de Ferrol no seu programa La Sexta Columna, que inclúe a cidade departamental na súa "ruta polas cidades desafiuzadas". O vídeo analiza o elevado paro, a crise do naval e a degradación de Ferrol Vello e analiza "o declive da antiga capital do mar".
O Breogán iniciará o play-off de ascenso á ACB contra o Huesca e o Básquet Coruña contra o Oviedo. Os dous equipos galegos venceron onte na última xornada da fase regular da LEB Ouro.