Alexis Tsipras (Syriza) afirma en Madrid, no Congreso do Partido da Esquerda Europea que o escollerá como candidato común para as eleccións de 2014, que "este é o noso momento, é a derradeira oportunidade para cambiar Europa"
Fálase
EU admite a incorporación de Carmen Iglesias ao grupo parlamentario de AGE, se a coalición o acepta
Un proxecto rescata a memoria de científicos represaliados polo franquismo. Generaciones de plata destaca a represión exercida contra os médicos
O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, estuda propoñer que o seu concello abandone Sogama, como xa anunciou o rexedor de Rianxo. 130 cargos municipais de toda Galicia están convocados a un encontro o vindeiro sábado 21 en Santiago para analizar a cuestión.
El Diario analiza o fracaso do proxecto de Eurovegas en "cinco momentos" e nun conxunto de citas dos responsables políticos do Partido Popular.
O 44% dos cataláns votaría a favor da independencia, e o 36% en contra, segundo unha sondaxe que hoxe publica El Periódico.Preguntados sobre se Catalunya debería ser un Estado, o 52,3% votaría a favor.
O 61% do tráfico web mundial non é humano, segundo un estudo de Incapsula. Xa en 2012 o tráfico realizado por bots (51%) era superior ao efectuado por seres humanos
Galaxia ven de sacar do prelo a primeira tradución completa do Ulises de James Joyce ao galego, froito do traballo de catro tradutores: Eva Almazán, María Alonso Seisdedos, Antón Vialle e Xavier Queipo.
A Nave das Ideas organiza este sábado a terceira edición do Día das Artes Galegas, que dedica a Xesús Bal y Gay. Os actos comezarán ás 20 horas no Bar Hipólito (As Travesas)
Discos da Máquina celebra esta noite a primeira das tres xornadas do seu festival de 1º aniversario. Na Gentalha do Pichel de Compostela actuarán Das Kapital e The Lost Omelette Makers. O sábado será o momento de Grampoder e Ataque Escampe