Galaxia ven de sacar do prelo a primeira tradución completa do Ulises de James Joyce ao galego, froito do traballo de catro tradutores: Eva Almazán, María Alonso Seisdedos, Antón Vialle e Xavier Queipo.
Fálase
A Nave das Ideas organiza este sábado a terceira edición do Día das Artes Galegas, que dedica a Xesús Bal y Gay. Os actos comezarán ás 20 horas no Bar Hipólito (As Travesas)
Discos da Máquina celebra esta noite a primeira das tres xornadas do seu festival de 1º aniversario. Na Gentalha do Pichel de Compostela actuarán Das Kapital e The Lost Omelette Makers. O sábado será o momento de Grampoder e Ataque Escampe
AGE esixe a dimisión do presidente de Portos de Galicia "despois de se demostrar que mentiu en sede parlamentar" sobre os gastos da Vuelta. O secretario xeral técnico da Consellería de Medio Rural e Mar, Alfonso García Magariños, admitiu o pago de 6.400 euros, que negara a Xunta anteriormente.
Unha asesora do ministro Wert pregunta á Universidade das Illas Baleares "canto cobra Ramon Llull por dirixir a cátedra que leva o seu nome". O filósofo e escritor faleceu no ano 1315.
O BNG pide que o Parlamento recorra a Lomce por invadir competencias de educación en Galicia.
O Goberno rexeita as esixencias de Adelson para instalar Eurovegas en Madrid. O empresario, que emitirá un comunicado en breve anunciando a renuncia ao proxecto, pedía o compromiso do Executivo de reverter todo o investimento que realizara, máis as perdas que se poderían xerar ante un posible cambio normativo.
Philipp Blom, Camilo Nogueira, José Ovejero e Ricard Solé, finalistas do premio Spinoza de ensaio, que deciden os alumnos e alumnas de cinco institutos de toda Galicia.
Miguelanxo Prado (mellor obra, por Ardalén) e David Rubín (mellor guión, por El Héroe), premios Expocómic 2013, evento que se celebra en Madrid até o domingo.
O IPC sobe tres décimas en Galicia en novembro e sitúase no 0,5% interanual.