Philipp Blom, Camilo Nogueira, José Ovejero e Ricard Solé, finalistas do premio Spinoza de ensaio, que deciden os alumnos e alumnas de cinco institutos de toda Galicia.
Fálase
Miguelanxo Prado (mellor obra, por Ardalén) e David Rubín (mellor guión, por El Héroe), premios Expocómic 2013, evento que se celebra en Madrid até o domingo.
O IPC sobe tres décimas en Galicia en novembro e sitúase no 0,5% interanual.
Os hedge funds montan un mercado negro co 8% NCG en mans de investidores institucionais co obxectivo de venderlle máis adiante esas participacións ao gañador da poxa, cuxas ofertas se coñecerán o luns. La Caixa e Guggenheim (con Banesco como tapado), favoritos para facerse coa entidade.
Pescanova elixe a oferta de Damm e Luxempart, que pagarán 250 millóns de euros para facerse co 51% da empresa. Demetrio Carceller dirixirá a compañía.
O xuíz Elpidio José Silva, apartado da instrución do caso Blesa, afirma que "se a cidadanía soubese o que pasou en Caja Madrid, o sistema non o soportaría" e acusa o fiscal Moix de actuar como "avogado defensor de Blesa"
A consulta catalá anunciada para o 9 de novembro do ano que vén domina as portadas da prensa impresa este venres, con gran diverxencia en xeral entre os xornais editados en Madrid e en Barcelona. "Catalunya dá o paso. España enrócase" (El Periódico), "Agora queremos votar" (Ara) ou "Mas desafía a Rajoy con pregunta e data" (La Vanguardia), fronte a "Jaque a España" (El Mundo) ou "Esta consulta non se vai celebrar" (ABC)
Facenda ofrece un rescate a 13 concellos galegos a piques de quebrar. De negarse, quedarán sen financiamento estatal e serán sancionados.
Rajoy decide a dedo que xornalistas lle preguntan nas roldas de prensa e racha cun pacto de anos que mantiñan os periodistas nas comparecencias xunto a líderes estranxeiros.
O FROB blindará o dono de Novagalicia ante preitos como os das preferentes. Cubriralle un 85% do que poida perder en procesos xudiciais.