A consulta catalá anunciada para o 9 de novembro do ano que vén domina as portadas da prensa impresa este venres, con gran diverxencia en xeral entre os xornais editados en Madrid e en Barcelona. "Catalunya dá o paso. España enrócase" (El Periódico), "Agora queremos votar" (Ara) ou "Mas desafía a Rajoy con pregunta e data" (La Vanguardia), fronte a "Jaque a España" (El Mundo) ou "Esta consulta non se vai celebrar" (ABC)
