Denuncian que ao longo de toda a pasada noite estivo ardendo un incendio na parroquia de Vilatuxe (Lalín), cerca do lugar de Chedas, nunha zona da Serra do Candán incluída na Rede Natura. Entre as once da noite do mércores e as dez da mañá do xoves o lume queimou 25 hectáreas de monte sen que actuase brigada ou motobomba ningunha. Na zona xa arderan 28 hectáreas en setembro. Máis información, esta tarde en Praza.
Fálase
BuyDeal, Pedra Salgada e Manuel Portas reciben os premios Manuel Beiras, que distinguen as persoas e entidades que destacan na promoción do uso social da lingua galega.
Claudia García González, estudante de 2º de Bacharelato, que o ano pasado cursou estudos en Wyoming (EE.UU.), denuncia neste texto a situación creada polo Decreto para o plurilingüismo: "un ensino plurilingüe no cal, a nosa lingua, o galego é a única lingua da que, de acordo co noso goberno, podemos prescindir"
A conselleira de Sanidade apela a "cruzar os dedos" para que non se apliquen máis copagos no Sergas. Afírmao nunha entrevista en El Correo Gallego
Moita madeira, pouco negocio. Galicia achega o 55% da produción forestal de España, pero só o 13% da facturación, destaca Gciencia a partir dun informe elaborado pola Fundación Barrié.
A crise leva a cada vez máis persoas a incorporarse ao traballo no campo, destaca La Voz, que engade que en Lourenzá comeza a haber escasez de terras de cultivos dispoñibles.
A Deputación da Coruña sinala 26 concellos "susceptibles de fusión". Un informe da entidade provincial enumera máis de 20 municipios que se unirían a outros, entre eles Arteixo, Ames ou Narón.
Coca-Cola disponse a pechar a súa planta embotelladora da Coruña, segundo informa Cinco Días
A Xunta informa da aparición dun cadáver durante a extinción dun incendio en Cangas do Morrazo
O Ministerio do Interior admite que permitirá que os gardas de seguridade privada realicen funcións policiais como deter para "consolidar" economicamente ese sector. Na Cadena SER