A crise leva a cada vez máis persoas a incorporarse ao traballo no campo, destaca La Voz, que engade que en Lourenzá comeza a haber escasez de terras de cultivos dispoñibles.
Fálase
A Deputación da Coruña sinala 26 concellos "susceptibles de fusión". Un informe da entidade provincial enumera máis de 20 municipios que se unirían a outros, entre eles Arteixo, Ames ou Narón.
Coca-Cola disponse a pechar a súa planta embotelladora da Coruña, segundo informa Cinco Días
A Xunta informa da aparición dun cadáver durante a extinción dun incendio en Cangas do Morrazo
O Ministerio do Interior admite que permitirá que os gardas de seguridade privada realicen funcións policiais como deter para "consolidar" economicamente ese sector. Na Cadena SER
O incendio do Xurés segue activo tras queimar máis de 300 hectáreas. Mentres, esta noite declarouse outro no Concello de Cervantes, na montaña de Lugo, que xa arrasou unhas 50 hectáreas, segundo a Xunta. (Foto: @BrifLaza)
A Deputación da Coruña crea novos altos cargos e incrementa salarios, segundo conta El País
O BNG propón unha moratoria para as grandes superficies comerciais en Galicia. Fíxoo durante unha visita a Pontevedra do portavoz nacional da formación, Xavier Vence, que apelou a estender o modelo aplicado na cidade para impulsar o pequeno comercio.
Spotify vén de anunciar o lanzamento dunha versión gratuíta para dispositivos móbiles, co obxectivo de enganchar a máis usuarios. Na actualidade este servizo de streaming musical conta con 20 millóns de usuarios en todo o mundo, seis millóns de pago.
O biólogo Randy Schekman, galardoado co Premio Nobel de Medicina, chama a un boicot contra as grandes revistas científicas, ás que acusa de "distorsionar o proceso científico".