A CUT rexeita a solución proposta polo Goberno galego para que as persoas migrantes sen papeis poidan acceder á atención sanitaria. O sindicato acusa o PP de "segregación racial" e de "oportunismo electoral".
Fálase
A reforma tamén ten o obxectivo de "dinamizar o mercado inmobiliario para sacar á venda, a prezos razoables, o stock de vivendas en mans dos bancos", segundo Soraya Saenz de Santamaría. Créase o banco malo, que venderá os activos inmobiliarios "nun prazo de dez a quince anos"
O Consello de Ministros aprobou a reforma financeira seguindo as condicións impostas pola Comisión Europea para conceder o rescate bancario de 100.000 millóns de euros. O propio De Guindos salientou que a reforma se fixo coa "colaboración fundamental de UE e FMI". É a quinta reforma financeira en tres anos.
A edición 2013 da Vuelta a España partirá da provincia de Pontevedra o 24 de agosto e o seu lema será Rías Baixas - Madrid
Técnicos do Ministerio de Facenda calculan que o incremento do IVE lle achegará ao Estado un 25% menos do que calcula o Goberno, por mor da retracción do consumo que provocará. O incremento da recadación en 2013 será de 7.500 millóns e non de 9.500, segundo Gestha, o sindicato de técnicos do ministerio.
Atari celebra os seus 40 anos levando oito dos seus xogos clásicos máis coñecidos (Asteroids, Pong...) á web, con linguaxe HTML5 e CSS3 e en colaboración con Microsoft e o seu Internet Explorer 10.
CIG, CC.OO. e UGT concéntranse ao longo da mañá en protesta pola política económica do Goberno e coincidindo coa celebración do Consello de Ministros. Vigo (11h, edificio da Xunta), Ourense (11h, Subdelegación do Goberno), Ribadeo (11h, antigo edificio de Aduanas), A Coruña (12h, Delegación do Goberno), Santiago (12h, Praza de Galicia), Lugo (12h, Subdelegación do Goberno), Ferrol (12.30h, edificio da Xunta).
Javier Gallego, director do programa de Radio3 Carne Cruda, cancelado polo Goberno, despídese cun artigo en eldiario.es. Este venres emitirase por última vez, pero trátase dun programa gravado antes do verán. Gallego volve dirixirse aos responsables do Executivo central dicíndolles que "venceréis pero no convenceréis" e conclúe que "creo que loitei pola radio pública dende dentro. Agora tócame facelo dende fóra".
Angola celebra eleccións lexislativas este venres e agárdase que o presidente José Eduardo dos Santos (MPLA) revalide a súa maioria. Dos Santos, no poder dende 1979, poderia entregarlle o Goberno ao seu número dous, o empresario petrolifero Manuel Vicente. A Unita, segunda nas enquisas, denuncia irregularidades.
O 80% dos mozos e mozas quedan excluídos da axuda de 400 euros, segundo un informe de CCOO, ao vivir nunha unidade familiar con rendas superiores a 480 euros mensuais