CIG, CC.OO. e UGT concéntranse ao longo da mañá en protesta pola política económica do Goberno e coincidindo coa celebración do Consello de Ministros. Vigo (11h, edificio da Xunta), Ourense (11h, Subdelegación do Goberno), Ribadeo (11h, antigo edificio de Aduanas), A Coruña (12h, Delegación do Goberno), Santiago (12h, Praza de Galicia), Lugo (12h, Subdelegación do Goberno), Ferrol (12.30h, edificio da Xunta).
Fálase
Javier Gallego, director do programa de Radio3 Carne Cruda, cancelado polo Goberno, despídese cun artigo en eldiario.es. Este venres emitirase por última vez, pero trátase dun programa gravado antes do verán. Gallego volve dirixirse aos responsables do Executivo central dicíndolles que "venceréis pero no convenceréis" e conclúe que "creo que loitei pola radio pública dende dentro. Agora tócame facelo dende fóra".
Angola celebra eleccións lexislativas este venres e agárdase que o presidente José Eduardo dos Santos (MPLA) revalide a súa maioria. Dos Santos, no poder dende 1979, poderia entregarlle o Goberno ao seu número dous, o empresario petrolifero Manuel Vicente. A Unita, segunda nas enquisas, denuncia irregularidades.
O 80% dos mozos e mozas quedan excluídos da axuda de 400 euros, segundo un informe de CCOO, ao vivir nunha unidade familiar con rendas superiores a 480 euros mensuais
Os plenos de Oza e Cesuras aprobaron o inicio do proceso de fusión unicamente cos votos do PP. PSOE e BNG denuncian que a maioría simple non é suficiente e cualifican o proceso de "pantomima"
O vigués Chano Rodríguez acada a súa primeira medalla nos Xogos Paralímpicos de Londres. Foi prata na categoria de 50 metros libres e suma xa 14 metais en catro citas olímpicas
Os editores españois de xornais pídenlle ao Goberno que obrigue a Google News e a outros agregadores de noticias a pagar un imposto como o que se vén de aprobar en Alemaña. Denuncian que estas páxinas se enriquecen co traballo das redaccións
O Rei Juan Carlos golpea o seu chófer no ombro, despois de rifar con el. Ademais, un grupo de funcionarios recibiuno con berros e apupos, en protesta polos recortes
O deputado de IU Alberto Garzón defende no seu blog a lexitimidade da desobediencia civil, en referencia ás accións do S.A.T. en supermercados e fincas de latifundistas: "actos de desobediencia civil, pacíficos y dirigidos por el ideal de la ilustración, son en realidad la mejor forma de luchar en el campo ideológico y de alcanzar la hegemonía gramsciana. Han de extenderse".