O vigués Chano Rodríguez acada a súa primeira medalla nos Xogos Paralímpicos de Londres. Foi prata na categoria de 50 metros libres e suma xa 14 metais en catro citas olímpicas

O vigués Chano Rodríguez acada a súa primeira medalla nos Xogos Paralímpicos de Londres. Foi prata na categoria de 50 metros libres e suma xa 14 metais en catro citas olímpicas
Os editores españois de xornais pídenlle ao Goberno que obrigue a Google News e a outros agregadores de noticias a pagar un imposto como o que se vén de aprobar en Alemaña. Denuncian que estas páxinas se enriquecen co traballo das redaccións
O Rei Juan Carlos golpea o seu chófer no ombro, despois de rifar con el. Ademais, un grupo de funcionarios recibiuno con berros e apupos, en protesta polos recortes
O deputado de IU Alberto Garzón defende no seu blog a lexitimidade da desobediencia civil, en referencia ás accións do S.A.T. en supermercados e fincas de latifundistas: "actos de desobediencia civil, pacíficos y dirigidos por el ideal de la ilustración, son en realidad la mejor forma de luchar en el campo ideológico y de alcanzar la hegemonía gramsciana. Han de extenderse".
Yolanda Díaz, candidata de Esquerda Unida, cualifica a Feijoo como "o peor presidente da historia de Galicia" e define a súa xestión como "trienio negro de recortes". Díaz responsabiliza a Feijoo do deterioro en dereitos fundamentais como a sanidade e a educación e de desfacer "coa súa parálise" os sectores produtivos clave, dende o sector agrario até o das enerxías renovables.
Voluntarios e ex voluntarios do refuxio de animais de Bando, en Compostela, volven denunciar as "precarias condicións de traballo" e reclaman unha auditoría externa da fundación xestora. Así mesmo, critican a "desastrosa xestión das adopcións" e a "crecente política de sacrificios", como xa informamos en xuño.
O portal Roja Directa, con xestores galegos, gaña o proceso contra o Departamento de Xustiza dos EEUU e recupera os seus dominios .com e .org. Trátase dunha das páxinas de emisións deportivas máis visitadas do mundo
Como se esperaba, o primeiro Consello da Xunta despois do anuncio do adianto electoral contén varias promesas e anuncios populares. Feijoo afirma que Pemex "trasladou a solicitude formal de orzamento" a estaleiros galegos para a construción de sete barcos abastecedores. Ademais anunciou que a Xunta porá en marcha un "programa de protección social" para manter a asistencia sanitaria aos inmigrantes sen papeis, que xa foi cualificada onte polo Foro Galego de Inmigración como "parche".
PSdeG-PSOE e Compromiso por Galicia esixen o cese de Alfonso Rueda como conselleiro de Presidencia, despois do seu nomeamento como director da campaña electoral do PP. Carmen Gallego pediulle a Feijoo que "deixe de confundir o PP coa Xunta" e Xoán Bascuas cualificou o nomeamento de "xesto antidemocrático"