Traballadoras de Alfageme en Ribadumia péchanse no Concello de Vilagarcía para esixir a venda inmediata da fábrica
Fálase
Ramón Maiz escribe en El País Las razones del federalismo no que afirma que "a vía evolutiva a través de los Estatutos foi clausurada polo propio TC" e que "a opción federal non é unha panacea, senón un programa que pode prover un horizonte razoable para una maioría de españois"
Un Obama máis agresivo derrota a Romney no segundo debate da campaña presidencial norteamericana. A CNN outórgalle un 46% ao demócrata e un 39% a Romney.
A bolsa dispárase e a prima de risco baixa ao dar por feito os mercados que o rescate a España é inminente
A Xunta Electoral decide que a ETB non pode excluír a EB e UPyD dun debate. Deberán ser incluídos no acto que se celebrará este mércores xunto a PNV, EH Bildu, PP e PSOE.
España estuda pedir "un rescate virtual" para activar compras de bonos do BCE, segundo afirman The Wall Street Journal e Financial Times. Consistiría en pedir formalmente un programa preventivo, someterse á súa condicionalidade e logo non usar eses cartos para abaratar a prima de risco.
Morre o fotoxornalista vigués Ángel Llanos aos 97 anos de idade. Comezou a traballar en 1926, foi retratista do rei Alfonso XIII e converteuse no gran testemuño da historia de Vigo no século XX cun arquivo de 135 mil imaxes en negativo.
Greenpeace recolle fotografías dos voluntarios do Prestige dez anos despois. A organización ecoloxista pide recordos daquela catástrofe no seu décimo aniversario que irá colgando nunha páxina de Facebook.
Alcoa comunícalle aos traballadores que as plantas de Galicia seguirán funcionando polo momento. Así llo aclarou aos presidentes dos comités de empresa nunha xuntanza en Madrid.
CIG, CCOO e a Xunta de Persoal e o Comité de Empresa dos Servizos Centrais da Xunta de Galicia convocan unha marcha a Montepío, residencia oficial de Núñez Feijoo. Será este mércores ás 11.30 e servirá para protestar contra os recortes nos dereitos dos empregados públicos, convertidos segundo os convocantes en "paganos do despilfarro e mala xestión do seu goberno".