Faro de Vigo repasa as tractoradas vividas en Galicia nas últimas tres décadas e os motivos que as provocaron.
Fálase
Vence advirte de que "a candidatura galega non pode pregarse a facer ministro a Pablo Iglesias". Afírmao nunha entrevista en La Voz
O Burela gaña a Supercopa de fútbol sala feminino tras impoñerse na final ao Atlético Féminas
O Concello de Lalín anuncia a suspensión da "Encomenda do Cocido" por, en verbas do alcalde, Rafael Cuiña, ser un "acto propagandístico". O equipo de goberno (CxG-PSdeG) anuncia tamén que o xantar da feira, antes sufragado polo Concello, pasa a ser un evento "solidario".
Xa está en marcha a xuntanza do Encontro Cidadán por unha Marea Galega, que comeza cunha mesa de partidos. Pódese seguir ao vivo a través de streaming.
A tractorada de Lugo comeza a abandonar a cidade e os gandeiros que a viñeron liderando desmárcanse das protestas contra as industrias. A información, esta tarde en Praza.
A Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego entrégalle un tractor en miniatura ao alcalde de Santiago como "agradecemento" á acollida da cidade á tractorada.
Os gandeiros mobilizados en Lugo desconvocan a tractorada. Mentres, en Compostela, esta tarde realizarase a entrega simbólica dun tractor en miniatura ao Concello e un reparto de leite de balde en sinal de agradecemento á veciñanza.
Fernández de Mesa nega nunha entrevista en La Voz que a Garda Civil disparase pelotas de goma a persoas migrantes en Ceuta. Os vídeos do acontecido amosan o contrario, segundo este especial de eldiario.es
Jeremy Corbyn é o novo líder dos laboristas británicos. É considerado o candidato cunha posición política máis á esquerda.